PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL II



 Mimi é un conto dirixido a nenos pequenos que teñen ou acaban de ter un  irmanciño/a con graves discapacidades. Tenta ilustrar a situación do nacemento dun neno/a con discapacidade desde a mirada do irmán. Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar os nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán/a con grave discapacidade.

 A partir de 6 anos
Cando naceu a miña irmanciña  Beatriz, a miña familia agrandouse e convertémonos en seis, ou sete, se contamos o cromosoma de máis co que ela naceu. Desde ese momento tivemos que coidala coma se fose unha  bomboneira de cristal. Aínda así, sen ela, a nosa casa non sería a mesma.

 A partir de 10 anos
"Chámome  Blo. Teño Síndrome de Down, unha noiva, moitos amigos e un disco favorito". A normalidade e a integración son os acenos de identidade das tiras cómicas e desenfadadas deste libro. En palabras dos seus autores: "Quen ten un familiar con  Sindrome de Down ten anécdotas  súper divertidas. A nosa intención é contalas desde o súa  punto de vista, cunha maneira moi simple de ver as cousas".

 6-11 anos
Desde hai varios meses vou a unha escola de superheroes. Alí todos temos  superpoderes, e a señorita  Merche ensínanos a utilizalos. Así empeza este sorprendente álbum no que coñeceremos a  Susi, capaz de lanzar patadas a distancia; Andrea, que pode viaxar sen moverse da súa cadeira; Johnny, con visión nocturna; ou  Darius, capaz de parar o tempo.
  A partir de 3 anos
A vaca Macarena non se sinte especial. Non sabe montar en bicicleta, nin facer equilibrio como as outras vacas. Pero un día queda dunha peza ao descubrir algo extraordinario... PUXO UN OVO! A cría que nace do ovo, é realmente filla de Macarena? No cortello, todos  cuchichean e queren saber a verdade...




A partir de 5 anos
Os cadrados miraban aos triángulos de esguello ata que un terremoto puxo todo patas para arriba e os triángulos idearon un plan de reconstrución en unión cos cadrados. Así naceron os  trapecios, os  rombos, os  pentágonos, os  hexágonos... Nun radio de poucos quilómetros vivían os círculos. Pronto naceu a amizade. E coa amizade chegaron arcos, bóvedas, cúpulas. Un conto sobre a convivencia, a diversidade e a amizade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario