PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL I

Dado que estamos moi próximos ao Nadal e que son datas moi propicias para agasallar, imos facer unha selección de contos para explicar a nenos e nenas condicións especiais que se poidan dar veces, ben sexa a eles mesmos, a algún  amiguiño-ao ou familiar. O obxectivo é a inclusión de todos no respecto ás condicións e a personalidade de cada un.


Marian é unha tartaruga de pel rugosa con ollos limpos e tenros. Asústase se o vento sopra forte, esconde a cabeza e non a saca ata que o aire se calma.  Marian levántase cedo, lávase a cara e vístese amodo. Bebe zume de limón,  cepilla os seus dentes, colle a carteira e,  pasiño a  pasiño, camiña cara á escola. Un conto sobre a síndrome de Down.

Claro exemplo de normalización. Esta historia, preséntanos a un grupo de nenos e nenas con trazos comúns, como a idade, o colexio, as súas propias experiencias....., aínda que un deles ten unha característica que os demais non teñen, Pablo vai en cadeira de rodas. O resto do grupo sente por el unha estimación sincera e transparente propia da infancia, como a que senten por calquera outro compoñente do grupo, xa que o consideran un igual. E, de feito, o é.



A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as  sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Ariadna, unha  logopeda que lle marcará unhas pautas que axudarán moito a Branca a superar as súas dificultades.



















Este libro está adaptado ao sistema de Lectura Fácil: un modo de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe. Hugo é  tartamudo e Bernardo é  disléxico, confunde as letras e os números. Os 2 amigos deciden formar un club para defenderse dos que rin deles. Aos poucos, vanse unindo máis compañeiros ao Club dos Raros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario