PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

AXUDAS TÉCNICAS PARA PSICOMOTRICIDADE 2

Continuamos

            Axudas técnicas para Psicomotricidade 1


III.- POSTURAIS

Sillita de la Reina

Este artigo mellora o confort, o relax ou o descanso do alumnado, a través do posicionamento que facilita a súa utilización, non perseguindo ningún fin terapéutico. Sistema  multiposicionador a partir de tres elementos cos que se poden configurar infinitas adaptacións  posturais desde a básica de sentado que lle dá nome. Esta Axuda Técnica está deseñada fundamentalmente para  problemas de desenvolvemento motor e alteracións da postura, o ton e o movemento; non sendo válida para aqueles nenos que presentan un patrón  postural  extensor grave.

 É importante lembrar que o uso deste elemento está supeditado á opinión e recomendacións do fisioterapeuta, ou o técnico que trate ao futuro usuario.




Multiposicionador

Este elemento é de gran utilidade, composto por pezas de  foam de alta densidade, que posibilitan múltiples adaptacións  posturais grazas aos seus  velcros de unión.

O  Multiposicionador mellora o confort, o relax ou o descanso do usuario, a través do posicionamento, facilitado pola súa utilización, non perseguindo ningún fin terapéutico. Cada modelo está deseñado para adaptarse ás medidas do usuario, facilitando a súa utilización.




Puff postural

Modelo que acompaña a unha ampla gama de produtos  posturais, os cales teñen en común as características abaixo descritas e son ofrecidos en diferentes formatos, que se adaptarán ás diferentes idades dos usuarios. Este artigo componse de sacos recheos de perlas de  poliestireno de alta densidade, que proporcionan ao usuario unha sensación de afundimento aliviando  instantaneamente presións e cargas. A súa funda exterior está realizada en tea  poliéster ou PVC impermeable, sendo a fúnda interior en tea  maya/ poliéster.


FONTE: TAMDEM

Ningún comentario:

Publicar un comentario