PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

UNOS CHICOS ESPECIALES. LECTURAS (DM e outras)


De 9 a 11 anos

O libro narra oito situacións diferentes que lles suceden a outros tantos mozos que padecen distintas discapacidades. Abórdanse os casos con delicadeza, pero fuxindo de eufemismos que evitan chamar ás cousas polo seu nome. As diferentes historias son unha mirada aberta sobre a intolerancia que a sociedade manifesta cara ás persoas discapacitadas. 
En case todos os relatos subxace unha denuncia intencionada destas actitudes dirixida non só á colectividade insensible, senon á propia contorna das persoas afectadas, criticando as posturas de sobreprotección, resignación ou autocompasión.

FONTE: Fundación Sánchez Ruipérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario