PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

AULIYA. LECTURA

 Xuvenil
Auliya naceu muller, coxa e pastora. A súa aldea ten apenas unha vintena de casas onde un puñado de nómadas do deserto tentan sobrevivir.
Alí a herba é escasa e a xente,  supersticiosa e analfabeta.  Auliya é unha nena estrana, solitaria e desprezada que sabe escoitar e observar. De tanto facelo aprende a linguaxe do deserto, o nome das constelacións, a mover a man dereita como o aguillón do  escorpión. Aprende que o mundo ten unha alma e que a alma do Mundo é xenerosa, que conta e encanta.

 Auliya é literatura, xogo, provocación, encontro e reflexión. Unha lectura para gozar e espertar.


FONTE: revistababar.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario