PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

A MORTE EXPLICADA AOS NENOS

A protagonista do conto fálanos da morte. Pregúntase onde é que van as persoas cando morren. E que é o que podemos facer coa pena que sinte cando alguén que amamos morre. Esta nena cóntanos os seus sentimentos, o camiño que percorre para coñecelos, aceptalos, expresalos. Entende que a morte é algo do que non hai volta atrás, pero que sempre nos quedará o amor que compartimos na vida con quen xa non está.
O conto ten unha evolución maravillosa. Empeza explicando o que hai ao redor da morte para rematar explicándoa como algo tanxible.
A autora plantexa a morte como algo tanxible, con cor, forma. Isto axudará ao neno a comprendela e entender o seu proceso interior
A morte é algo natural. Os nenos comprenden o ciclo da vida dos animais e outros seres vivos e teñen a mesma capacidade para comprender o ciclo da vida humana. Disfrazar a realidade non fará que boten de menos á persoa. 
Hai que lles explicar a realidade dunha forma sinxela, cálida e real para poder contestar con verdade ás súas preguntas.


FONTE: "Pequefelicidad. La esencia de ser niño" e "cuentería, literatura respetuosa"

Ningún comentario:

Publicar un comentario