PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ACTIVIDADES DE MOTRICIDADE FINA

Xogos e Actividades para estimular e traballar a motricidade

A  motricidade fina implica o control voluntario e preciso dos movementos da man e os dedos. É unha habilidade fundamental para realizar unha gran cantidade de actividades escolares. 

As principais dificultades preséntanse á hora de  colorear debuxos completos, dobrar e  rasgar papel,  modelar plastilina, usar os cubertos na comida, abrocharse e  desabrocharse os botóns, recortar con tesoiras, escribir letras e outras moitas accións da vida cotiá dos nenos e nenas que requiren de precisión.

A nivel escolar outro dos factores que máis observamos é a falta de forza nos dedos e mans, é por iso que algúns dos exercicios que propoñemos van encamiñados a conseguir unha maior forza dixital ademais de precisión.

Criterios a ter en conta:

# Ter en conta as dificultades de cada neno (forza, precisión ou ambas).

# Seleccionar os exercicios comezando polos máis sinxelos para progresivamente ir pasando aos que supoñen un maior nivel de dificultade.

# Dedicar un tempo de calidade á realización dos mesmos. Os nenos non deben estar cansos nin deben ver as actividades como unha obrigación non desexada. É preciso motivarlos para facelos o mellor posible. As actividades deben ter un certo grao de funcionalidade, que sirvan para algo: facer un agasallo, decorar a habitación, superar un reto… Facer das accións cotiás exercicios de mellora.

Algúns dos máis utilizados son os seguintes aínda que tamén hai xogos e xoguetes deseñados para este fin:

‐     Xogos de coser e  ensartar (botóns, figuras, letras…)

‐     Labirintos e percorridos con xoguetes.

‐     Parafusos e torcas

‐     Punzóns

‐     Xogo de  pinchiños

‐     Xogos de encaixe de pezas

‐     Contos de trazos con  rotulador  veleda.


 

   






















FONTE: imágeneseducativas

Ningún comentario:

Publicar un comentario