Éste é un conto ilustrado dirixido, sobre todo, a un público máis ben adulto. É unha auténtica marabilla que gustará, sobre todo ás nais. Pode ser un agasallo moi interesante para futuras nais, nais recentes… para o Día da Nai…. Trátase dun libro de poesía con textos bellísimos, un libro repleto de fermosas e delicadas ilustracións que namorarán a lectores de calquera idade.
Mamá, unha palabra única, unha palabra universal. Un nome único que levan millóns de mulleres. Unha palabra para nomear o amor, a tenrura, o vínculo, quizais a ausencia. Hai tantas nais como criaturas....
Mamás de xemelgas ou xemelgos…
Mamás inmigrantes…
Mamás solteiras......
"Adios, joven papá.
Huiste antes de la cosecha.
Somos dos.
Tengo el campo libre.
Hoy somos dos.
En el horizonte, una luz de oro.
En el hueco de mi brazo, el futuro.
Que duerme."
Trátase de textos en forma de prosa, diálogos ou poemas acompañados dunha ilustración a todo cor. Represéntase á maternidade, nas súas diferentes formas e facetas, dunha maneira sublime, fermosa, cautivadora..... Este libro é realmente precioso!. Conmoverate inevitablemente. Non che deixará indiferente!
A continuación, deixamos uns fragmentos dunha das poesías que podemos atopar no interior deste libro:
“Si él no me hubiera empujado…
Si no me hubiese propuesto tomar algo, “ para hacerse perdonar”…
Si yo no hubiese aceptado…
Si yo no hubiera llevado aquel vestido rojo….
Si el bar no hubiera cerrado…
Si yo no le hubiera ofrecido compartir mi paraguas…
Si él no me hubiese puesto el brazo alrededor de la cintura…
Si sus labios no hubieran sido tan suaves…
Tú no estarías aquí, mi pequeño aleteo de mariposa….
FONTE: Dionisia Plaza. AUTORA: Elena Delforge. Editorial: Algar.