PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

O BERRO DA GAIVOTA. LECTURAS DISCAPACIDADE SENSORIAL.

Xuvenil

Emmanuelle Laborit, autora e protagonista deste libro, é unha das persoas máis comprometidas coa Comunidade de Xordos do seu país, Francia. 

Nesta novela percorre a súa traxectoria vital ata a idade adulta con todo o que iso implicou tanto no recoñecemento da súa propia discapacidade sensitiva como no esforzo por converterse nunha persoa autónoma. O mesmo ano da publicación desta temperá autobiografía (escribiuna con 21 anos) Laborit tamén recibiu o premio Molière á revelación teatral polo seu papel en Fillos dun deus menor, converténdose na primeira actriz xorda en recibir tal recoñecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario