PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

NI GUAU NI MIAU. LECTURAS

A partir de 5/6 anos
Aproxímase o vran, por iso, imos comezar coas nosas propostas de lectura que tratan sobre  atención á diversidade, por si queredes facer algunha recomendación cara ao entretenemento durante este período de ocio que imos comenzar.

Esta é a historia de Fabio, un can diferente. Fabio non se parece a outros cans, non sente como os demais. Fabio non vai buscar o  palito nin a  pelotita cando o seu amo xoga con el. Non ladra, non move a  colita e non se  revuelca para que lle fagan  mimitos, non saca a lingua cando ten sede..... Todos pensariamos que esas cousas son propias de cans e esperariamos de Fabio que se comportase como todos os cans. Pero non,  Fabio é un can diferente e así sente.
"Nin  guau Nin  miau" é unha tenra historia que nos fai reflexionar sobre o respecto á propia individualidade, a aceptación e a tolerancia ao que é e sente diferente. Unha xoia para achegar aos máis pequenos e non tan pequenos á diversidade. Un libro que nos axuda a aceptarnos a nós mesmo fóra dos  convencionalismos que a sociedade nos impón.

EDITORIAL: Nubeocho AUTORA: Blanca Lacasa. ILUSTRADOR: Gómez 

Ningún comentario:

Publicar un comentario