Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
▼
GUÍA PARA MESTRES SOBRE DISTROFIA MUSCULAR
Distrofia muscular progresiva Trátase dunha alteración de orixe xenética no desenvolvemento ou funcionamento da masa muscular. Esta vai perdendo progresivamente efectividade na súa forza contráctil. Os síntomas non adoitan ser apreciables no nacemento senón nos primeiros anos de vida.
Pode afectar máis a uns músculos que a outros. Presenta graos moi variables na limitación a nivel postural e de desprazamento así como na coordinación de movementos.
A Guía para mestres sobre a Distrofia Muscular é un documento que permite entender mellor os retos enfrontados polos nenos e adolescentes afectados por condicións de dexeneración muscular.
Esta guía suxire estratexias xerais para mellorar a experiencia escolar dos estudantes con esta discapacidade, tanto académica como socialmente. Tamén trata sobre aspectos escolares nas distintas etapas educativas, desde Educación infantil ata a Educación secundaria. FONTE: MECD-CEDEC-INTEF
Ningún comentario:
Publicar un comentario