PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

A IMPORTANCIA DE ESTIMULAR A BIPEDESTACIÓN: UPSEE / HEADPOD

A bipedestación, propia do ser humano, consiste en manter unha postura erecta sobre os pés. E aínda que a marcha é un proceso complexo, os terapeutas buscan sempre que o neno camiñe, aínda que non sempre será posible que o faga polos seus propios medios. Para iso contamos coa axuda de diferentes produtos de apoio. Recuperar no posible, a posición vertical é un dos obxectivos dos programas de rehabilitación infantil.

Temos que estimular a bipedestación e a marcha, sempre que se poida, porque a súa función achega uns beneficios claros en diferentes aspectos: - Activa o sistema circulatorio. - Impulsa o peristaltismo, mellorando o tránsito intestinal. - Mellora a propiocepción en extremidades inferiores. - Reduce o risco de subluxación de cadeiras. - Mellora do control postural e equilibrio: o control de tronco e o control cefálico. - Mellora a capacidade visual ao aumentar o campo visual. - Prevén alteracións músculo-esqueléticas. - Prevén a osteoporose. - Mellora do sistema cardiorrespiratorio. - Mellora no ánimo e autoestima do neno. - Redunda na maior integración social.

Nalgunhas ocasións, sobre todo en nenos moi afectados a nivel de motricidade grosa, requírese de axudas técnicas que nos permitan facilitar a marcha, aliñar pés, facilitar o control cefálico… No mercado contamos cunha ampla gama de solucións. Tamén contamos moitas veces co enxeño imparable dos papás e mamás que moitas veces é fundamental para dar coa solución que mellor se adapta ás necesidades dun peque en especial. Poñamos un exemplo do enxeño para unir dúas axudas técnicas diferentes, como son o UPSEE e o HEADPOD. A) O UPSEE é un dispositivo de mobilidade que facilita a marcha por medio duns arneses que unen o corpo dunha persoa adulta co do neno.
Son necesarios tres requisitos fundamentais para o seu uso: 1 - Que o neno realice control fisioterápico e estea incorporado nun programa de bipedestación e/ou marcha. 2 - Para garantir a seguridade do neno e do adulto, os ombreiros do peque deben estar por baixo do embigo do adulto, pola contra, existe risco de lesións nas costas do adulto e non achegamos a estabilidade necesaria ao neno. 3 - Que tanto o adulto como o neno sexan capaces en bipedestación de manter a verticalidade.

B) O HEADPOD
Ver 

SOPORTE PARA A CABEZA NUNHA PARÁLISE CEREBRAL. HEADPOD





FONTE: Fisioterapeuta pediátrica

Unidade de Rehabilitación Infantil Aita Menni (Bilbao)

Ningún comentario:

Publicar un comentario