PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

MATERIAIS DE APRENDIZAXE ELABORADOS CON TAPÓNS E ADAPTADOS PARA NENOS CON P.C.

Material adaptado para alumnado con PC para aprender letras, formas, cores, números, etc.


Neste caso, o neno non ten xiro de boneca, só colle os obxectos co puño en horizontal.
Este material ten asa para podelo coller e entregar cando se lle solicita, de forma que poda facer: clasificacións, levantar as letras según se lle solicite (discriminación auditiva) e moitas actividades máis que sen esta pequena adaptación non podería realizar.
Material necesario: botellas de 5 litros de auga, tapóns, letras, números realizados en círculos de cartulina plastificados, gomets de cores e formas pegados en círculos de cartulina plastificados, blue tack ou celo (para pegar os círculos sobre o tapón).

Presentación do material 

Caixa para clasificar tapóns por números, formas, cores, letras.

Bocas de botellas de auga, non son necesarias moitas.

Boca de botella e tapóns con formas, cores, números, letras.

Tapóns de números enroscados ás bocas de botellas.
Material preparado para usar. 

Unha vez preparado o material, RECOMENDAMOS dispoñer dun mantel antiescorregadizo, dado que o material escorrégase sen control sobre a mesa dificultando a súa prensión. 
Outro sistema sinxelo para que o neno identificara cor, forma, número e letra de entre varios; pode ser pegar sobre una tabliña uns botes de pastillas sobre os que poñer facilmente as bocas das botellas de auga cos tapóns. 
Tabla con botes de pastillas pegados e bocas de botella con tapóns de formas

Bocas de tapóns de formas sobre os botes de pastillas


Presentamos a continuación, algunhas imaxes do neno traballando cunha das modalidades das múltiples que poden xurdir a partir deste material. 
Como se aprecia, o neno ten dúas formas: círculo e triángulo, levanta o círculo ou o triángulo según se lle indique. 

O neno colle as dúas asas co círculo e triángulo


O neno levanta o cadrado

O neno levanta o triángulo 
                                                                                                             FONTE: El baúl de AL


Ningún comentario:

Publicar un comentario