PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ESCOLLER UN XOGUETE.

Escoller un xoguete adecuado para cada neno ou nena non é sempre tarefa fácil. Nos primeiros anos, somos os pais e os adultos próximos os que escollemos o xoguete, e mesmo, cando son máis maiores, os adultos acabamos decidindo que compramos.

A miúdo atopámonos desorientados sobre que xoguete é o máis adecuado, cal lle gustará máis, etc. En todo caso, é bo antes da compra facerse tres preguntas:
Que ten? Que quere? Que necesita?
É importante que os xoguetes sexan escollidos con detemento, pensando no neno ou nena en concreto, tendo en conta a súa idade, gustos e intereses, as súas necesidades e capacidades.
Cada vez son máis os fabricantes que indican no envase a idade e dan orientacións pedagóxicas sobre o xoguete. Estes datos son bos para orientarnos.
No caso de que o neno ou nena teña algunha discapacidade, ademais de pensar nos seus intereses e capacidades, hanse de valorar as posibilidades de adaptación do xoguete.


As claves para a compra e o uso dun xoguete seguro

1.- Pensar antes de comprar: reflexionemos preguntándonos que ten, que quere e que necesita.
2.- Seleccionar o xoguete: teñamos en conta a idade, os intereses e as habilidades do neno ou nena. 3.- Compartir as decisións: non podemos comprar todo o que piden, así que é necesario dialogar e buscar a súa complicidade á hora de escoller.
4.- Contrastar a publicidade: comentemos os anuncios cos nenos e nenas para educalos como consumidores críticos e responsables.
5.- Utilizar xoguetes seguros: verifiquemos e consultemos todos os indicadores de seguridade. Hai que contrastar a información que temos coa que está indicada no envase e verificar o contido.
6.- Promover o uso de xoguetes para todos: os nenos e nenas discapacitados necesitan xoguetes como todos os nenos. No seu caso, máis que en ningún, debemos ter en conta as súas necesidades e capacidades para elixir o mellor xoguete e adaptalo sen riscos.
7.- Buscar a mellor relación calidade-prezo: aseguremos unha boa relación calidade-prezo e que o xoguete sexa atractivo, sólido e resistente.
8.- Ensinar a utilizar ben o xoguete: proporcionemos aos nosos fillos e fillas as advertencias e indicacións das precaucións que deben ter presentes, así como os riscos que pode comportar o seu uso ou que poden derivar dun uso inadecuado.
9.- Practicar un consumo sustentable: teñamos presente os criterios de redución de residuos, a reutilización dos xoguetes e a reciclaxe das pezas que se teñan que tirar. O comercio xusto é unha alternativa responsable, ética e sustentable para comprar xoguetes. 
10.- Cando regalar xoguetes: regalemos xoguetes ao longo do ano e non só en datas sinaladas.
11.- Estimular a capacidade de xogar: xoguemos cos nosos fillos e fillas e facilitemos as condicións necesarias par que os nenos e nenas poidan xogar.

FONTE: Abacus
12.- Exercer os nosos dereitos como consumidores: reclamemos cando teñamos problemas que afectan á seguridade como consumidores.
FONTE: juguetes seguros. Joguina Segura

Ningún comentario:

Publicar un comentario