Una boa ideas pode ser ésta de agarre de trípode moi simple. Probamos unha versión cunha arandela de chaveiro para fomentar o agarre en trípode. É un truco sinxelo para agarrar un lapis. Desta forma tan sinxela podemos separar os dous lados da man cun sinal táctil. Para usar a ferramenta, simplemente advirtimos ao neno-a como colocar o aro xusto sobre o dedo anular e o dedo meñique. Tamén pódese soster (o aro), simplemente, na palma da man. Este sinal táctil permítelles curvar os seus dedos na palma mentres estabiliza o lado cubital da man. O dedo medio, o dedo índice e o pulgar son libres de manipular o lapis co lado de precisión da man.
Outras fórmulas:
Deste xeito sinxelo imos axudando coas habilidades de desenvolvemento e funcionais que se require na escrita a man, que son habilidades motoras finas. Habilidades como
- a coordinación bilateral das mans ,
- extensión da boneca,
- forza de agarre,
- agarre de pinza,
- control do espazo no trípode,
- son só algúns exemplos de habilidades motoras finas esenciais para o desenvolvemento funcional e a manipulación efectiva de ferramentas.
FONTE FOTOGRAFÍAS: BuzzFeed Staff, Carina Villanueva, Verónica, Bircan Özel
FONTE TEXTO: Adaptación de The OT TOOLBOX