PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

VI CONCURSO DE PINTURA

VI Concurso de Pintura e Escultura para persoas con discapacidade.

O premio é unha viaxe para dúas persoas a Bruselas

Atención artistas do pincel e a escultura, chega o VI Concurso de Pintura e escultura para persoas con discapacidade. O obxectivo deste evento é facilitar a participación sociocultural das persoas con discapacidade a través do arte, ademáis de sensibilizar aos cidadáns e mellorar a percepción que teñen deste colectivo.



Poden participar todas as persoas con discapacidade que formen parte dos centros educativos e de entidades da discapacidade aragonesas.

Tedes tempo para presentar os traballos antes do 3 de novembro de 2017

A entrega debe realizarse na sede de CERMI-Aragón de Zaragoza, en horario de 8h a 14h.

Tamén poden enviarse por correo postal ou mensaxería.

O fallo do premio será o 8 de novembro de 2017 e comunicarase vía web do CERMI-Aragón.

O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte e a cultura.

A entrega de premios realizarase o 4 de decembro, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O premio?: Unha viaxe para dúas persoas a Bruxelas, con visita ao Parlamento Europeo.
FONTE: validasinbarreras

Ningún comentario:

Publicar un comentario