PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

EL CAZO DE LORENZO. VÍDEO

A partir dos 6 anos
Conto de ISABELLE CARRIER. Francesa, naceu en 1964 en Voiron (Isère, nos Alpes). Estudou na escola superior de Arte de Estrasburgo (Arts Décoratifs) antes de dedicarse a escribir e ilustrar libros para nenos. Cando lle faltan ideas para crear un álbum, inspírase nas de Jérôme Ruillier, o pai das súas dúas fillas, tamén autor e ilustrador. Fan libros xuntos.



"El Cazo de Lorenzo", fálanos das persoas que son diferentes e dos obstáculos que atopan no seu camiño, así como as dificultades que moitas veces lles poñemos as persoas. 

Cando sinalamos as diferenzas e volvémolas negativas poñemos barreiras e non deixamos que cada persoa saque o mellor de si mesmo. Cargar cos estigmas e as diferenzas fai que poñamos o noso esforzo en superalos para que non se noten, ou escondelos, en lugar de esforzarnos por reforzar as mellores capacidades. O esforzo é dobre e a recompensa dubidosa. 

Apreciemos a diferenza e as mellores aptitudes de cada un de nós.
FONTE: Beatriz San Millán

Ningún comentario:

Publicar un comentario