PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

EDUCAR É LIBERAR A MENTE DE ATADURAS. VÍDEO

“educar non é encher a mente senón liberala das ataduras”

A liña entre educar e limitar é moi sutil. E os adultos a miúdo excedémola. Pensamos que debemos ensinar todo aos nenos. É certo que os pequenos teñen moito que aprender, pero non podemos caer no erro de pensar que a nosa maneira de facer as cousas ou de ver o mundo é máis válida ou, pior aínda, é a única e correcta.

A función dos pais e mestres non é crear copias exactas de si mesmos senón darlles as ferramentas aos nenos para que poidan desenvolver ao máximo as súas potencialidades. Educar é sinónimo de enriquecer, non de limitar. A educación non consiste en encher a mente con conceptos e formas de facer, senón en liberala para que sexa realmente libre para pensar e crear.

Existen moitas formas de limitar a mente dos nenos e atala aos convencionalismos...

Cada vez que rifamos a un neno porque tenta facer as cousas á súa maneira e ensinámoslle a facela como nós, pensando que é a única forma correcta, limitamos a súa creatividade.

Cada vez que rifamos a un neno porque cometeu un erro, xerámoslle medo ao fracaso e sentamos as bases para unha autoestima negativa.

Cada vez que lle poñemos unha etiqueta a un neno, cortamos un pedaciño da súa personalidade, limitándoa ás expectativas dos demais e encerrándoa nunha caixa sempre máis reducida.

Cada vez que lle impedimos aprender pola súa conta e o sobreprotexemos, impedímoslle desenvolver as súas habilidades e, o que é aínda máis importante, a confianza en si mesmo.

Cada vez que pretendemos que un neno siga os nosos pasos, porque pensamos que é o mellor para el, arrebatámoslle a posibilidade de soñar e perseguir as súas propias metas.

Este fantástico curto convértese nunha excelente lección para os adultos. Foi realizado en 2010 pola directora Yezi Xue e dura apenas dous minutos. A súa factura é impecable e trátase dunha historia extraordinaria inspirada na relación entre un avó e o seu neto.

FONTE: Rincón de la psicología

Ningún comentario:

Publicar un comentario