PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

11 APPS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

Moitos profesores de Educación especial e mestres de audición e linguaxe, enfrontanse  día a día cos  problemas relacionados coa lectura e escritura de moitos alumnos. Algúns deles foron diagnosticados como disléxicos pero en todo caso a etiqueta non é o esencial. O primordial é darlles unha axuda para que poidan paliar ou resolver eses problemas. Neste sentido os dispositivos dixitais poden ser moi importantes para este traballo. Vamos a apuntar unha serie de apps para dispositivos iOS que consideramos de gran interese. 


Piruletras: A súa autora é Clara Bayarri. En principio pódese descargar gratuitamente, aínda que ofrece compras específicas dentro da app. Piruletra (Dyseggxia en inglés) é un xogo que axuda aos nenos con dislexia a superar os seus problemas de lectura e escritura a través de xogos divertidos. Piruletras ofrece:
  • Máis de 5.000 exercicios diferentes de palabras (2.500 en español e 2.500 en inglés).
  • 5 niveis de dificultade.
  • Gráficos de evolución da aprendizaxe.
  • Cada nivel ten exercicios de 6 tipos: inserción, omisión, substitución, separación de palabras e transposición.
Palabras dominó Free: Xogos de letras para os nenos e os maiores. O obxectivo do xogo é formar palabras coas sílabas propostas. Para cada xogo as palabras pertencen a unha categoría. Ten 3 niveis de dificultade con máis de 600 palabras. Ten opción de compra por 0,99 euros.


Busca las letras. É un xogo para mellorar a percepción visual e espacial. Con máis de 12 divertidos xogos trabállase : posición no espazo, percepción figura ? fondo, discriminación de formas e concentración e atención. Ten catro niveles de dificultade baseados na forma similar de letras e figuras. Ten versión de pago por 4,99 euros.

Lee paso a paso free – Mis primeros ejercicios para leer Español. Os meus primeiros exercicios para ler Español. Traballa a aprendizaxe dos sons das vocais e identificando sílabas para formar palabras. Co uso de imaxes, letras e palabras o nenos poderán ir adquirindo as habilidades necesarias de lectura. Aprender mediante xogos e obtención de premios, identificación e uso de sílabas para formar palabras, asociar palabras cos seus debuxos, completar as palabras coas sílabas que faltan. Ten tres niveles Paso a paso, práctica e experto. Ofrece compras dentro da app. Compleméntase con Lee paso a paso  2 Free – Exercicios para aprender a ler Español.

Dislexia Ejercicios prácticos. App que custa 3,99 euros, cun deseño práctico e bonitas cores. Posibilidade de elixir cor de texto e de fondo (moi importante para que o que se ve quede gravado no cerebro). Tamén permite agrandar ou diminuír o tamaño dos textos mediante zoom. Dispón de 5 grandes bloques que conteñen entre 4 e 8 actividades cada un. Os exercicios están agrupados en bloques progresivos: consonantes, audición e lectura, sílabas, palabras e frases.


Visual attention Therapy lite. A aplicación pódese utilizar para mellorar a lectura, o recoñecemento de conceptos, a concentración, a memoria, a atención e a velocidade. É unha mostra gratuíta da aplicación completa. A aplicación está en inglés pero é fácil traballar con ela con persoas de lingua castelá. A versión completa custa 9,99 euros.

Sopa de sílabas. Esta app custa 0,99 euros. A versión completa contén máis de 3000 palabras e 14 temas. Cada carta contén unha sílaba pertencente a unha palabra, voltea as cartas para xuntar sílabas e formar palabras dunha lista. Cando se repiten sílabas o debuxo asignado á palabra deberá coincidir en todas as sílabas. Tamén permite, a partir de iOS 7 e posteriores, escoitar a pronuncia da palabra en castelán.


Loco letras cursiva. Permite practicar a escritura de letras cursivas. Ten niveis de dificultade que se van liberando conforme vanse completando correctamente os propostos. As palabras soan fonéticamente no idioma seleccionado. A app custa 3,99 euros.

Tembo el pequeño elefanteLibro interactivo e xogos de memoria, custa 2,99 euros. É un libro interactivo para nenos maiores de 3 anos. O libro inclúe xogos multilinguaxe para mellorar o vocabulario: memoria, atópame, quebracabezas. É unha aplicación producida por BubbleBooks.


Voice Dream Reader.  App que custa 9,99, máis a posibilidade de comprar novas voces. É unha aplicación para nenos maiores con graves dificultades de lectura e de comprensión dos conceptos, xa que poderán escoitar as leccións e os contidos educativos que a aplicación lles irá lendo. Permite a carga de textos en pdf, documentos de word, textos copiados da web etc.  Pódese sincronizar con ficheiros gardados en Google Drive ou Dropbox e páxinas web salvadas en Pocket, Instapaper ou Evernote. Tamén permite o resaltado sincrónico da palabra e a liña que se está lendo, e personalizar o tipo de letra (incluíndo o OpenDyslexia).


ClaroSpeak Español: É un conversor de texto a voz de alta calidade con distintos tipos de voz humana. Costa 10,99 euros. Brinda a opción de resaltado visual sincronizado coa articulación das palabras. Ten unha ampla variedade de axustes de cor e fonte para facilitar a lectura e tamén predición de palabras. Sincronízase con Google Drive e Dropbox. Permite o axuste da velocidade da voz. Permite o cambio da cor e tamaño da fonte. Permite gardar en audio os textos lidos. Como a anterior, é unha app para axudar no estudo e comprensión dos contidos do currículo para alumnos con graves dificultades de comprensión da lectura.


                                                                                                                            FONTE: Celestino Arteta en 

Ningún comentario:

Publicar un comentario