PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

DISFONÍA. PARÁLISE DE CORDA VOCAL

Que é unha parálise de corda vocal ? 


Na parálise de corda vocal, unha ou ambas cordas vocais carecen de movemento, quedando fixa nunha posición (lembremos que existen 2 cordas vocais, unha dereita e outra esquerda). O movemento das cordas vocais é necesario tanto para producir son como para respirar e tragar adecuadamente.
Cando existe parálise de cordas vocais una ou todas estas funcións poden estar alteradas. Tamén se lle denomina: "parálise recurrencial", debido a que o nervio recorrente larínxeo é o máis comunmente implicado nesta afección.

Cal é o síntoma da parálise dunha soa corda vocal ?

O síntoma máis importante é a disfonía, que pode ser mínima ou notoria.
Tipicamente o paciente sente que a voz é máis débil ou que ten que "facer máis forza" para emitir unha voz intensa. Ou ben, que ten que "tomar máis aire" para falar. Este tipo de voz "soprada" é producida polo escape de aire entre as cordas vocais (gap, hiato ou hiatus). Algúns pacientes tamén presentan tose ao tragar producido polo ingreso de líquidos inxeridos ou a saliva á vía respiratoria.


Cales son os motivos da parálise ou paresia dunha soa corda vocal ?
Existen múltiples motivos, os máis destacados son:
  • Post operatorio de cirurxía de tiroides.
  • Parálise sen causa aparente.
  • Viral.
  • Conxénita Post traumática (logo de sufrir un traumatismo).
  • Secundario a proceso benigno ou maligno de larinxe, tiroides, cerebral, cervical e/ou torácico.
  • Accidente cerebro-vascular


O diagnóstico realízao o otorrinolaringólogo por medio dunha rinofibrolaringoscopía.

Pode ser pasaxeiro este cadro?

Si. Nalgúns casos (dependendo da causa) o paciente volve recuperar a mobilidade da corda vocal paralizada sen secuelas. Este proceso pode levar de 6 meses a un ano.


Como se pode recuperar a voz cando hai parálise persistente dunha corda vocal?

Utilízase unha cirurxía denominada Tiroplastía Tipo 1. A intervención cirúrxica consiste en levar a corda vocal paralizada a unha posición máis próxima á outra corda vogal para evitar o escape de aire.

Existen 2 métodos
Técnicas que "enchen" a corda vocal. Pódense utilizar distintas sustancias. O procedemento realízase baixo anestesia xeral nun procedemento de aproximadamente 40 minutos en forma endoscópica, é dicir por dentro da boca sen cicatriz externa. O alta prodúcese no día. As molestias posoperatorias adoitan ser mínimas. Algúns destes métodos son irreversibles, polo cal hai que asegurarse que o problema da parálise é persistente antes de encarar este tipo de tratamento. 
Técnicas que "empuxan" a corda vocal desde fóra. Realízase con anestesia local. Con incisión mínima cervical. Colócase unha prótese de Montgomery, Goretex, Siliconas, etc ata comprobar que a corda vocal aproxímase o suficiente á contralateral. O alta é no día e as molestias referidas son mínimas. Son métodos reversibles. En caso de recuperar a mobilidade da corda vocal, retírase a prótese.
O tipo de procedemento a empregar depende de distintas variables que se analizan na consulta (idade, sexo, tipo de enfermidade de base, reversibilidad da lesión, etc).

FONTE: CECHIN. Centro de Otorrinolaringología Dr. Chinski

Autor: Dr. Luis Chinski

Ningún comentario:

Publicar un comentario