PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

PARALISE CEREBRAL E NECESIDADES NUTRICIONAIS

Os nenos con parálise cerebral vense afectados por problemas co ton muscular, así como cos movementos voluntarios e as habilidades motrices. Debido a isto, os horarios das comidas pódense converter nun inmenso desafío. 
Nalgúns casos, os nenos non teñen a suficiente coordinación para comer sós e masticar ou tragar, sen que isto resulte algo inseguro para el.
Os problemas coa dixestión, o reflujo gastroesofáxico e os problemas de estreñimento fan que comer sexa unha molestia, máis que algo agradable. Estas dificultades traen consigo unha inadecuada alimentación chegando a provocar problemas de crecemento e/ou desnutrición.

Cunha adecuada dieta e técnicas de alimentación, os nenos con parálise cerebral poden gozar tamén do momento da comida, sentirse satisfeitos e así recibir todos os nutrintes que requiren para o seu crecemento e desenvolvemento.


Cales son os nutrintes que necesita un neno con parálise cerebral?

Do mesmo xeito que outros nenos, éstes requiren unha alimentación adecuada e saudable. Pero, nalgúns casos é posible que requiran máis ou menos calorías, dependendo do nivel de actividade e ton muscular que teñan.

Se un neno ten un elevado nivel muscular e maior nivel de actividade física, quere dicir que ten un maior gasto de enerxía, por tanto necesitará comer máis que un neno con baixo ton muscular e menos actividade física.

Os nenos menos activos e con dificultades para recibir os nutrientes na súa dieta debido aos problemas de alimentación, teñen máis probabilidades de ter ósos débiles e fráxiles (pouca densidade ósea). Isto fai que os seus ósos teñan máis probabilidades de fracturas.

Para que os nenos con parálise cerebral manteñan máis fortes os ósos é necesario que reciban cantidades suficientes destes tres nutrientes:

1. Calcio: os alimentos que inxerirnos conteñen vitaminas, minerais e outros nutrientes. O calcio é un importante mineral coa función de sostén da estrutura ósea e dentes. O leite, o iogur e o queixo son alimentos con alto contido de calcio, por exemplo.

2. Vitamina D: axuda a que o corpo absorba o calcio dos alimentos e suplementos que inxerimos. Está presente no salmón, o aceite de fígado de peixe e os produtos fortificados, (Os produtos así denominados son aqueles que foron modificados na súa composición orixinal mediante a adición de nutrientes esenciais a fin de satisfacer as necesidades particulares da alimentación de determinados grupos da poboacióncomo o leite, o mollo de laranxa e o cereal. A vitamina D tamén é producida polo noso propio corpo, cando expoñemos a pel ao sol. 

3. Fósforo: este mineral desempeña un importante papel na formación dos nosos ósos e dentes. O fosforo podémolo atopar en produtos lácteos, peixe, ovos, pito, así como nos froitos secos e os grans enteiros.
Tamén existen outros minerais de moita importancia para a saúde dos ósos, como o magnesio, o cobre, o zinc e o manganeso.
Estes minerais son necesarios en pequenas cantidades.
Listado de alimentos para una dieta rica en Fósforo
Grupo de alimentosAlimento
Cereales y derivados
Avena, harina de trigo, pan integral, arroz blanco e integral, pasta.
Verduras y hortalizas
Guisantes, alcachofa, champiñón, col, brotes de soja, perejil.
LegumbresSoja en grano, lentejas, judías, habas, garbanzos.
FrutasUva pasa, ciruela seca, higos secos, dátil seco, coco.
Frutos secosPistacho, almendra, cacahuete, nueces, piñones, almendra, avellanas, castañas.
Lácteos y derivadosTodos los quesos, leche en polvo.
Carnes, caza y embutidos
Hígado, pavo, pato, caballo, buey, lomo embuchado, gallina, conejo, liebre, sesos de ternera.
Pescados, mariscos y crustáceosBacalao seco, gambas, truchas langostinos, lenguado, salmón, sardinas, mejillón, almejas, atún arenque, besugo, gallo.
HuevosHuevo entero, yema.
FONTE: fisterra.com. Atención Primaria en la Red

Ningún comentario:

Publicar un comentario