PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

PARÁLISE CEREBRAL. ALIMENTACIÓN POR SONDA

As sondas de alimentación que son colocadas no nariz ou o estómago permiten que as persoas con parálise cerebral poidan alimentarse sen necesidade de masticar ou tragar.
A colocación dunha sonda de alimentación é unha decisión bastante difícil para os pais. Xa que eles desexan que os seus fillos sigan alimentándose por medio da boca do mesmo xeito que os demais nenos.

Para algúns nenos con parálise cerebral, resulta moi inseguro alimentarsese pola boca. Nos nenos con dificultades para masticar ou tragar, os alimentos poderían chegar ás vías aéreas, aos pulmóns, provocando importantes problemas respiratorios. De darse esta situación, os pais deberán interromper a alimentación por boca e comezar a alimentación por sonda, baixo supervisión médica.

A alimentación por sonda pode ser unha alternativa para aqueles nenos que poden comer de forma segura pero que non logran inxerir o suficiente para manterse saudables. En casos como este, poderíase implementar a alimentación por sonda como suplemento á rutina habitual de alimentación.

A alimentación por sonda no neno con parálise cerebral pode facer que o momento da comida sexa máis doado, non só para os nenos senón tamén para as familias; facendo que este momento sexa menos estresante e moito máis fácil para os propios nenos con este tipo de problemas, ao tempo que supón certa tranquilidade para as familias, ao comprobar que están a recibir de forma segura os nutrientes que o seu corpos necesitan.

A sonda de alimentación para nenos con parálise cerebral pode colocarse a través do nariz para chegar ao estómago, cabe lembrar que isto se utiliza para alimentación de apoio a curto prazo.

Os alimentos en forma de puré ou as fórmulas completas e nutricionalmente equilibradas poden garantir que un neno obteña as calorías suficientes e a nutrición necesaria para crecer e manter un peso saudable, ao tempo que recibe suficientes líquidos como para manterse hidratado.
FONTE: Discapacidade online

Ningún comentario:

Publicar un comentario