PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

COMO TRABALLAR A CONCIENCIA FONOLÓXICA

A conciencia fonolóxica é unha habilidade pre-lectora clave para aprender a ler, en concreto, apoia o proceso de decodificación dunha maneira clara. Varios estudos apoian o feito que aproximadamente o 25% dos nenos sen unha instrución directa non teñen habilidades suficientes para encarar un proceso de lecto-escritura.
Por iso faise imprescindible o traballo fonológico con pre-lectores. 
A continuación presentámosvos todo o necesario para arrincar un programa de instrución de conciencia fonológica en educación infantil (3- 6 anos) .

1. Desenvolvemento esperado (con instrución ) 

Dos 3 aos 4 anos 
Pode escoitar atentamente e discriminar sons.
Pode discriminar palabras en frases.
Pode discriminar palabras de pseudopalabras.
Pode dicir se dúas palabras riman.
Pode xerar unha rima sinxela a partir dunha palabra (p.ex. Sol...gol).

Dos 4 aos 5 anos
Pode discriminar palabras longas e curtas (contar sílabas).
Pode illar e manipular sílabas iniciais e finais.
Pode illar e manipular o son inicial dunha palabra.
Pode separar a pronuncia dos sons en palabras de dúas ou tres fonemas (p.ej pan en [p][a][n]).

Dos 5 aos 6 anos
Pode illar e pronunciar todos os sons en palabras de dúas, tres e catro fonemas.
Pode separar a pronuncia dos sons de palabras de catro fonemas que conteñen grupos consonánticos ao comezo da palabra .
Pode manipular (suprimir, engadir, substituír) sons iniciais e finais de palabras de tres ou catro fonemas. (p.ex: Que palabra resulta se a balón sacámoslle a b? Alón; Que palabra resulta se á palabra casa engadímoslles unha a? Acasa; Que palabra resulta se á palabra p de pan cambiámola por unha t? Tan).


2. Areas de Traballo Fonolóxico 

En relación ás distintas áreas que vos comentamos no apartado de desenvolvemento, veredes que traballamos a conciencia fonolóxica en 5 áreas temáticas (ordenadas de máis fáciles a máis difíciles)
Escoita activa: Hai que adestrar a nosa capacidade de escoitar os sons. A conciencia fonolóxica fai referencia á habilidade para notar/ manipular a construción da linguaxe NON a significación; é por iso que debemos tamén adestrar a habilidade para escoitar.
Frases e palabras:  Notar que a linguaxe está formada por frases e que éstas á súa vez están formadas por unidades máis pequenas que son as palabras.
Rimas: É a primeira sensibilidade cara á musicalidade da linguaxe.
Conciencia de sílaba: Habilidade para notar, analizar e modificar as distintas sílabas que conforman as palabras.

Conciencia de fonema: o obxectivo final de todo o traballo en materia de CF é aprender a descifrar os distintos fonemas que conforman as palabras

Dos 3 aos 4 anos.  Nesta etapa traballaremos as áreas seguintes:
Actividades de Escoita Activa
Actividades de Frases e Palabras
Actividades de Rimas

Dos 4 aos 5 anos. Nesta etapa traballaremos as áreas seguintes:
Actividades de conciencia silábica (na súa maioría)
Actividades de conciencia de fonema (inicio)

Dos 5 aos 6 anos. Nesta etapa traballaremos:

Conciencia de fonema


3. Exemplo de Actividades
A continuación deixámosvos un exemplo por actividade en cada área

Dos 3 aos 4 anos 
Actividade de Escoita Activa: "O Rey di". Este xogo consiste en facer o que di O Rey. Se se di "O Rey  di que deas palmas" os nenos teñen que dar palmas.Actividades de escoita activa.  Algunhas accións poden ser: Tocar os pés,  Saltar sobre un pé etc.

Actividade de frases e palabras: Descobre a palabra falsa. Imos ler unha serie de frases e dirémoslles ao alumnado que hai unha palabra que se colou na frase van ter que descubrila. Exemplo : "Hoxe fomos ao parque maleta".

Rimas. Os cazadores de rimas . Trátase de buscar rimas presentaremos varios pictogramas e deberán unir aqueles que riman (esta actividade podémola facer de forma individual ou en grupos) .

Dos 4 aos 5 anos. Nesta etapa traballaremos principalmente a conciencia silábica. Tipos de actividades recomendados:

Actividades que permitan percibir a lonxitude das palabras. Palabras curta ó longas. Imos expoñer distintos pictogramas aos alumnos e eles van ter que clasificar as palabras se son longas ou curtas (esaxerar as lonxitude das palabras).

Actividades que permitan segmentar. Actividades de conteo con palmas xogando a diferentes xogos, por exemplo, "da caixa á bolsa". Temos unha caixa chea de pictogramas de palabras e distintas bolsas con números 1,2,3,4 cada neno saca un picto palmea a palabra e colócaa na bolsa segundo número de sílabas.

Actividades que permitan modificar (engadir ó eliminar sílabas). Palabras que despois de dividilas en sílabas buscamos se eliminando ou engadindo podemos atopar unha nova palabra .

Dos 5 aos 6 anos.   Nesta etapa ademáis de repasar todo o anterior iniciamos o traballo de conciencia de fonema.
Fonema Inicial. Xogaremos ao vexo, vexo Que palabra empeza por .......?
Fonema Final . Xogaremos ás palabras encadeadas é dicir un neno di unha palabra; o seguinte, dirá unha que empeza polo fonema final, etc.

4. Consellos. 

En educación infantil a instrución de conciencia fonológica é importantísima, desta maneira estamos a crear a base para o proceso lecto-escritor. As actividades de CF deben formar parte das rutinas dos pre-lectores. Recomendamos un mínimo de 15 minutos ao día na práctica guiada de actividades de conciencia fonolóxica. É necesario que sexan actividades guiadas e ordenadas.
FONTE: Cuentos para crecer

Ningún comentario:

Publicar un comentario