PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

CONTO INFANTIL PARA APRENDIZAXE DO TRABALLO COOPERATIVO A galiniña coradiña

A través deste conto tradicional, os nenos entenderán o motivo polo que debemos colaborar uns cos outros, todos e todas sexan as nosas características e condicións, para conseguir un fin común e non aproveitarse do traballo dos demáis. Pode aplicarse para os traballos grupais que deberán realizar no desenvolvemento das súas actividades escolares, pero tamén a calquera aspecto da súa vida.


A GALIÑA CORADA


Había unha vez, unha galiniña coradiña que atopou un gran de trigo.

- Quen sementará este trigo?, preguntou.
- Eu non- dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón- dixo a galiniña coradiñ - fareino eu. Clo-clo!. E ela sementou o granciño de trigo.

Moi pronto o trigo empezou a crecer asomando por riba da terra. Sobre el brillou o sol e caeu a choiva, e o trigo seguiu crecendo e crecendo ata que estivo moi alto e maduro.


- Quen cortará este trigo?"  preguntou a galliniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón-  dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela cortou o trigo.

- Quen trillará este trigo? " dixo a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón -dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela trillou o trigo.

- Quen levará este trigo ao muíño para que o convirtan en fariña? - preguntou a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón - dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela levou o trigo ao muíño e moi pronto volveu cunha bolsa de fariña.

- Quen amasará esta fariña? - preguntou a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón - dixo a galiniña coradiña - fareino eu Clo-clo!. E ela amasou a fariña e enfornou un rico pan.

- Quen comerá este pan? - preguntou a galiniña. 
- Eu! - dixo o porco.
- Eu! - dixo o gato.
- Eu! - dixo o can.
- Eu! - dixo o pavo.
- Pois non - dixo a galiniña coradiña - Comereino EU. Clo- clo!.

E....... ela comeuse o pan cos seus poliños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario