PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

CONSELLOS ÚTILES NA HIXIENE PERSOAL (pequenas ideas)

Pequenas ideas que poden cambiar moito unha situación na HIXIENE PERSOAL:

"O que poidas facer só faino"

Creo que é moi importante, e moitas veces sen querer esquécesenos, que apoiemos que a persoa con dificultades de movilidade faga só o maior número de accións que poda.
Se o afectado non pode andar, está claro que o NON pode entrar só na bañeira (ou se cadra si?, e só hai que pescudar a maneira). Pero se cadra, pódese enxabonar só, pódese aclarar só, pódese secar só...........

 Todo o que el/ela poida facer sen axuda, é bo que o faga, para a súa autoestima e para os seus coidadores.

Por se por casualidade non pensaches nisto; expoñémosche as seguintes axudas e ideas.


 Para persoas con pouca destreza e forza reducida:

  • Dosificadores eléctricos de xabón: só tes que poñer a man debaixo e botarache o xabón que precisas. En calquera híper véndeno. Hainos de moitos prezos.
  • Cepillos de dentes eléctricos: Non son moi caros e son moi fáciles de usar. Tamén o venden en supermercados e hainos de moitos prezos.
  • Usar en bañeiras (pratos duchas mellor) banquiños de plástico: Hai moitos lugares onde venden estes banquiños moi económicos, para persoas con pouco equilibrio. NON é necesario ir a unha ortopedia. Para sentar en bañeira ou prato ducha mellor. Sempre que sexan firmes e robustos. Ou ver a seguinte táboa de sedestación que podemos fabricar nós. 

 Dura 2 mn
  • Para agarrarse na bañeiraNon esquecer poñer na zona de ducha agarradores na parede para suxetarse. Nos hipermercado véndenos (mellor de parafusos, máis fortes), NON ir a ortopedia, alí son moi caros. Que sexan grandes, para meter brazo se é preciso, por se as mans teñen pouca forza.
Non hai que esquecer tampouco:

  • Ser o máis ordenado posible, o afectado ou o coidador, para non deixar cousas por medio; coxíns, toallas, cables..... e producir caídas inesperadas con danos intensos que se puideron evitar. 
  • Usar no baño alfombras antiescorregadiza. 
  • Mellorar a iluminación para evitar as caídas.
  • Reparar alfombras e moquetas rotas.
  • E non usar nunca no baño alfombras pequenas, son perigosas para as persoas con mobilidade e destreza reducida. Mellor grandes.
  • Antes de sentar mirar ben onde hai que caer, medir as distancias.
  • Non ter présa no cuarto de baño.
FONTE: texto de QUINO recollido de inventos y adaptaciones caseras






Mango hixiene persoal: Este é un mango para facilitar a hixiene persoal. Nel colócase o papel hixiénico para que sexa moito máis fácil poder limparse.
Se precisas de información sobre el podes poñerte en contacto coa Asociación Nacional para problemas de crecemento CRECER no teléfono 968346000, e se o queres mercar directamente co distribuidor Mediatric, que está na r/Muntaner 499, de Barcelona e no teléfono 934 181 072.




Ningún comentario:

Publicar un comentario