PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

XOGOS PARA NENOS CON DISCAPACIDADE MOTORA

1.- Que criterios teño que ter en conta para elixir un xogo ou xoguete que Papá Noel/ os Reis traerán ao meu fill@ con problemas motores ou discapacidade                                                                       física?

Segundo as recomendacións establecidas polo Instituto Tecnolóxico do Xoguete (AIJU) algunhas das características que deben ter os xoguetes para que sexan adaptados son:

  • que os seus pulsadores/botóns sexan moi accesibles e fáciles de accionar; 
  • que permitan un fácil acceso a todas as súas funcións, por exemplo, en xoguetes de sobremesa, que dispoñan de antiescorregadizos na súa parte inferior;
  • que non esixan moita rapidez de movementos ou, que se poidan regular os tempos de resposta, é dicir, que non obriguen a efectuar movementos simultáneos  como presionar dúas teclas á vez; 
  • que as súas pezas sexan fáciles de encaixar, ou,
  • que en estruturas grandes, como mobiliario por exemplo (cociñas, bancos de traballo....), as dimensións permitan introducir as cadeiras de rodas, ou que posibiliten unha sinxela desagregación en módulos, para poder utilizalos e desmontalos sobre unha superficie.
2.- A discapacidade física debe condicionar en algo a elección, ou é mellor elixir xoguetes máis xeneralistas sen diferenciación?
O ideal sería que xogo e xoguete teñan un "deseño para todos", de forma que nenos/as con e sen discapacidade poidan utilizar os mesmos xogos en similares condicións xa que así conseguimos a participación dos nenos/as con discapacidade no xogo dos que non a teñen reducíndose a diferenciación ao utilizar xoguetes normalizados. 
Por iso, os xoguetes deberían ser versátiles e permitir varias formas de interacción ou posibilitar cambiar as súas regras para facilitar a adaptación de cada xoguete a cada caso. Lamentablemente, isto non sempre é así.

En ocasións, os nenos/as con discapacidade poden ter ritmos de aprendizaxe distintos a outros nenos/as, por iso é importante adaptar as indicacións respecto da idade, pero aínda así deben ser adecuados á súa idade. Por exemplo, nun centro de actividades de manipulación para un neno/a de 10 anos con discapacidade motora adaptaremos o tamaño e a proposta de xogo, pero sen infantilizalo. 

 3.- Cales son on xogos ou os xoguetes recomendables para xogar xuntos en familia e que poden axudar a fomentar a inclusión?

Aqueles que fomenten a igualdade, o respecto e a cooperación, o coñecemento colectivo, e a exploración grupal. Por exemplo, en función da idade, os xogos de construción tipo Lego cos que todos poden colaborar, ou xogos nos que non sexa necesaria, a priori, a adaptación como os de Playmobil.
COCEMFE ten como unha das súas áreas crave a accesibilidade, e, traballa para promover a accesibilidade universal e fomentar o uso de produtos de apoio, facendo visible a súa importancia para a contribución á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física e orgánica. Desde a Unidade de Accesibilidade analízase, avalían e redactan informes de recomendación xustificativos sobre niveis de accesibilidade, ergonomía e usabilidade, así como preséntase información e asesoramento sobre tecnoloxías de apoio e provedores destes.







FONTE:Gonzalo Arjona, técnico de accesibilidad de Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica                                                                                                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario