PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

IMPORTANCIA DO USO DE PRODUTOS DE APOIO

Os produtos de apoio, coñecidos tamén como axudas técnicas, úsanse en determinas situacións para fomentar a independencia funcional e a autonomía nas actividades da vida diaria.

Considérase un produto de apoio aquel que é fabricado especialmente ou está dispoñible no mercado, utilizado por ou para persoas con discapacidade destinado a:

  • Facilitar a participación.
  • Protexer, apoiar, adestrar e/ou substituír funcións, estruturas corporais e/ou actividades.
  • Previr deficiencias, limitacións na actividade ou restricións na participación.

As razóns para utilizar un produto de apoio poden ser varias, pero o obxectivo principal será a capacidade da persoa para realizar as tarefas que requira, da forma máis autónoma posible, con eficacia, seguridade e comodidade. Por tanto, as axudas técnicas abarcan un amplo espectro desde as máis simples ás máis sofisticadas, destacamos:


  • Produtos de apoio para o tratamento médico personalizado: equipamento para axudar a unha persoa para respirar, pezas de roupa para previr cicatrices hipertróficas despois dunha queimadura.....
  • Produtos de apoio para o adestramento/aprendizaxe de habilidades: axudas para o adestramento de comunicación aumentativa e alternativa, para adestrar a integración sensorial...
  • Órtesis e prótese: para membro superior, membro inferior, calzado ortopédico....
  • Produtos de apoio para o coidado e a protección persoal: calzadores, abotonadores, tiradores para cremalleras, alzas e asentos para inodoros...
  • Produtos de apoio para a mobilidade: bastóns, andadores, cadeiras de rodas...
  • Produtos de apoio para actividades domésticas: tapetes antiescorregadizos, escurridores, cepillos para a vaixela...
  • Mobiliario e adaptacións para vivendas: mesas reclinables, taboleiros para escritura, atrís para libros...


Actualmente moitas persoas con discapacidade atopan limitacións na realización de diversas actividades, debido ao descoñecemento nesta área e que co uso correcto de axudas técnicas facilitaríanlles o desenvolvemento das mesmas, promovendo a súa autonomía persoal. De aí, a importancia de coñecer a posibilidade do uso destas, o gran catálogo existente e os profesionais formados nesta área que poidan axudar.


Á hora de elixir un produto de apoio débese realizar unha valoración na que se teña en conta: 

  • o usuario interesado (capacidades, limitacións...),
  • o uso ou as actividade que desexa realizar, 
  • a contorna onde se desenvolvesen e 
  • a variedade de axudas técnicas dispoñibles no mercado nese momento. 



FONTE: Lidia Cubero (Terapeuta Ocupacional). CREENA

Ningún comentario:

Publicar un comentario