PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

CONSELLOS PARA A ELECCIÓN DE XOGUETES PARA NENOS CON D.M.

O xogo e a discapacidade motora


O xogo dos nenos/as con discapacidade motora está moi condicionado á súa capacidade de movementos e á cantidade e tipo de recursos lúdicos aos que poden acceder.
Moitas persoas con discapacidade física teñen dificultades para o manexo de xogos e xoguetes, precisamente porque éstes requiren de habilidades que están nestes casos máis
comprometidas: o desprazamento, a mobilidade de segmentos corporais, os alcances, a precisión en movementos, a coordinación, etc. Esta dificultade implica, en moitas ocasións, que o aproveitamento dos xoguetes non sexa ao 100%, que sexan necesarias adaptacións nos produtos ou que necesiten axuda de terceiras persoas durante o xogo.
Normalmente os nenos/as con discapacidade motora empezan a súa rehabilitación física nos primeiros meses da súa vida. As familias poñen moita enerxía e interese nesta actividade e, ás veces, descóidase a estimulación a través do xogo e o gozar a través da
propia actividade lúdica.
Hemos de ser conscientes de que para moitos nenos con discapacidade motora, poder activar un xoguete a través dun pulsador, non é unha acción que queda nela mesma, senón que é o primeiro paso, para despois acceder a outros dispositivos como un ordenador, un comunicador, un mando de televisor, unha chave, un interruptor da luz, etc.
Así, ademais dos propios beneficios do xogo, poñer en marcha un xoguete, forma parte dun proceso de aprendizaxe que abre todo un mundo de posibilidades no control da propia contorna e da propia vida.

Consellos para a súa selección e deseño


  • Que se manipulen mediante técnicas motrices controladas polos propios nenos/as.
  • Que os seus pulsadores ou botóns sexan moi accesibles e fáciles de accionar.
  • Que as súas pezas sexan fáciles de encaixar.
  • En estruturas grandes tipo mobiliario (cociñas, bancos de traballo, etc.), que as súas dimensións permitan introducir as cadeiras de rodas, ou que permitan unha  desagregación en módulos para poder utilizalos desmontados sobre unha superficie.
  • Que permitan un fácil acceso a todas as súas posibilidades ou funcións.
  • Que os xoguetes de sobremesa teñan antiescorregadizas no seu parte inferior.
  • Que non esixan moita rapidez de movementos ou que se poidan regularos
  • tempos de resposta.
  • Que non obriguen a movementos simultáneos (p.e. presionar 2 teclas á vez).


Suxestións para a realización de adaptacións


  • Fixar as bases dos xoguetes (con velcro, imáns, pinzas, etc.) para evitar movementos non desexados durante o xogo.
  • Modificar os vestidos das bonecas para facilitar a súa manipulación (p.e. con velcros nas costuras).
  • Engrosar pezas, mangos ou agarradores para facilitar o seu agarre e manexo.
  • Colocar repousacabezas, chalecos ou cintos de suxeición para manter a postura.
  • Engadir cordas ou varillas para facilitar o arrastre dalgúns xoguetes.
  • Modificar as dimensións do xoguete (altura, profundidade, etc.) para permitir o acceso ao mesmo de forma frontal.
  • Incorporar elementos en relevo (tacos, palancas, argolas, etc.) que faciliten o xiro ou agarre das pezas.
  • Adaptar o xoguete para poder accionarlo a través dun pulsador externo.
     

Ningún comentario:

Publicar un comentario