PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

LECTURAS: A PARÁLISE CEREBRAL DE AMADOR. AMADOR ACTOR (PC)

Amador ten unha ferida no cerebro, por iso cústalle moverse ou manterse en pé. Esa é a razón de que pase moito tempo sentado. Aínda así, prepárase para ser actor. Aínda que lle custa falar, ensaia para recitar o seu papel sen problemas. E é que "eu levo o escenario no sangue!", exclama.

A obra na que participa representarase no colexio. Tocoulle ser o Principiño, un personaxe difícil. Pero Amador conta co apoio dos seus pais e do seu primo Nacho, que lle lembra de maneira constante que é o mellor actor. "El mírame cos ollos do corazón, que é o único co que se poden ver as cousas verdadeiras", recoñece.



Amador, actor
FONTE: Biblioteca infantil ONCE

Ningún comentario:

Publicar un comentario