PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

O CHICLE DE GABRIELA

Esta historia é desas que merece a pena ler, non só polo seu contido, senón tamén polo seu fin que é colaborar coa Asociación Astrapace (Asociación para el tratamiento de personas con PC y patologías afines. Murcia).

"O chicle de Gabriela", escrito por Mirian López Manceobo e ilustrado por Alvaro Pena, da editorial Brote Brote, mergúllanos nunha historia máxica, chea de emocións e empatía.

Este conto ábrenos os ollos á diversidade e ás necesidades especiais dunha peque que é acompañada pola súa irmá ao longo de todo o relato.

María Dores ten dúas fillas, e impulsada pola súa amiga Mirian, vese animada a relatar parte da súa historia e a das súas peques para recadar diñeiro e colaborar coa asociación citada.


DESCRICIÓN

Gabriela ten unha irmá maior, Mª Dolores, a cal camiña diferente ao resto segundo Gabriela. Por iso ela quere axudar á súa irmá para camiñar como os demais.

Ocórreselle pegarlle un chicle na sola para que Mª Dolores poida camiñar correctamente e se sinta máis segura e estable.


Os seus pais tras tantos días observando o chicle baixo a sola de Mª Dolores, pregúntanlle ás nenas polo que está a suceder e Gabriela explícalles que quere axudar á súa irmá para camiñar mellor e o chicle conségueo.

Os seus pais rin ao ver o que Gabriela pode ingeniar para axudar á súa irmá, e explícanlle cal é a relidad desta: "Mª Dolores é especial, a máis especial", dinlle.

Ademais engaden que Mª Dolores ten unha discapacidade, que lle impide empregar completamente a súa cabeciña, como din os seus pais, e isto fai que teña que traballar para adquirir certos procesos e estadíos do desenvolvemento que o resto de peques adquiren de maneira innata.

Aínda así Mª Dolores sairía sempre co seu chicle baixo a sola do zapato.


A historia termina un tanto aberta, xa que ao final do relato engádese que Gabriela ten un pequeno buraquiño no corazón e por iso lévana ao hospital, co que a súa irmá maior pídelle ao médico que llo arranxe cun chicle.

VALORES

Este conto cheo de ilustracións cheas de cor e alegría, transmítenos unha gran moralexa.

Aos ollos do neno, as diferenzas non son iguais que aos do adulto. os nenos son capaces de empatizar cos seus iguais sen apreciar as diferenzas nin darlles a importancia que lles dá o adulto, xa que non son conscientes das consecuencias que estas teñen.

Ademais da empatía podemos apreciar como a capacidade de resolucion de conflitos é parte esencial do conto, xa que na primeira parte Gabriela está a pensar como resolver a forma de camiñar da súa irmá de mil maneiras.

Tamén apreciamos como o optimismo é a base desta historia, onde algo tan simple e absurdo como un chicle, pode solucionar un asunto tan importante para as dúas irmás.

Obsérvase como cada aspecto que podería ser un problema desde o punto de vista do adulto (cáenselle os gusaniños, non camiña ben, pégase ao chan polo chicle...) para as irmás é motivo de risa, confidencias e anécdotas. A complicidade entre elas é enorme e o relato transmíteo de principio a fin.


Mentres a familia permaneza unida, non haberá maior problema que buscar unha solución xuntos e apoiarse entre todos. Ademais destácase a atención temperá e o traballo das habilidades de desenvolvemento, xa que Mª Dolores necesita traballar nas diferentes áreas de desenvolvemento para adquirir novos coñecementos que outros peques adquiren de forma espontánea e natural, sen necesidade de traballar neles.

Podemos empezar a lerllo aos nosos peques a partir dos 3-4 aniños, simplificando ou acurtando un pouquiño o relato e facéndolles partícipes deste.

É un conto que nos fai sentir, percibir a vivencia desta familia e vivir con optimismo un relato sobre diversidade e discapacidade.



Podedes comprar o conto aquí e estaredes a contribuír coa Asociación para el tratamiento de personas con PC y patologías afines. Murcia ademais de engadindo un título fabuloso á vosa biblioteca.

https://www.tutete.com/tienda/es/96_xoguetes?libros/223_libros/16829_o-chicle-de-gabriela.html


FONTE: Atención temprana y estimulación

Ningún comentario:

Publicar un comentario