PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

AGASALLOS PARA UN NENO OU NENA CON DISFUNCIONALIDADE MOTORA.-1

Conectores para todo!

Un conector é un dispositivo hábil que permite superar as limitacións físicas impostas por unha discapacidade. Permite a unha persoa que non ten control dos seus movementos de maneira coordinada e precisa, a activación de obxectos diarios, de gañar en independencia facendo o xesto posible.
 

Máis aló da simple utilización como activador dun xogo; un conector, é unha formidable ferramenta de integración. É un dispositivo enxeñoso que permite ir máis aló das limitacións físicas que ás veces leva a discapacidade.  Permite a unha persoa que non ten os movementos precisos e coordinados poder acceder á activación de obxectos diarios- que nos fan gañar en independencia. Ademais, un conector pode darlle aos nenos o acceso a un xoguete, onde a manipulación ata este momento fora difícil pola súa discapacidade. Apertando sobre a gran superficie do conector, o neno pode accionar un son, un ruído, etc. Da a oportunidade tanto a un neno como a un adulto con discapacidade de integrarse e de participar  nunha tarefa colectiva. 
Os xogos  de CAUSA-EFECTO adaptados ou adaptables para utilizar con conectores, e que así, o neno/a poida ser autónomo no xogo.

Darlle a posibilidade de controlar a súa contorna
Cando o emparellamos con outros accesorios, un conector permite ao usuario interaccionar coa súa contorna. Por exemplo, SimplyWorks Energise é unha caixa que ofrece a posibilidade de controlar os obxectos que funcionan con enchufe a partir de simples conectores. Funciona tamén con conectores sen cable da gama Simply works (véndense por separado) ou con calquera outro conector sen cable. 



FONTE: Hop´Toys/soluciones para niños excepcionales

Ningún comentario:

Publicar un comentario