A Fundación Orange presenta #Soyvisual, un novo sistema de comunicación aumentativa que inclúe fotografías, láminas e diversos materiais gráficos, ademais dunha app con exercicios prácticos. #Soyvisual está dirixido principalmente a persoas con dificultades no ámbito da comunicación e linguaxe por distintos factores (persoas con trastornos do espectro do autismo), diversidade funcional, afasia, traumatismos, dexeneración cognitiva, etc.), aínda que poden ser usados por calquera persoa que o desexe. Todos os recursos ofrécense gratuitamente na plataforma web www.soyvisual.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario