PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

LECTOESCRITURA ADAPTADA (LEA) MINISTERIO DE EDUCACIÓN. DM

Trátase de varios xogos e gráficos a través dos que poden ver como se traza cada unha das letras ou trazalas eles mesmos, incluso aprender a orde de todas as letras do abecedario. Os xogos son moi entretidos. 
Atópase na web do Ministerio de Educación, dentro do apartado do Instituto Superior de Formación e Recursos en Rede para o Profesorado (Isftic). Dentro del debemos elexir a opción Lectoescritura Adaptada (LEA).



 Interactivo, motivador, áxil e de gran interés didáctico.


Componse de 23 aplicacións multimedia. Destinado a facilitar a aprendizaxe, semidirixida ou autónoma, de las competencias lectoras y escritoras básicas en lengua española, tanto en su fase inicial como en las de afianzamiento.
LEA nace coa intención de ser axeitado para alumnos con discapacidade motora seveira; sen embargo, resulta útil para a intervención na aprendizaxe ordinaria da lectoescritura, así como nas aulas de PT (Pedagoxía Terapéutica) e AL (Audición e Linguaxe).
A pantalla correspondente ao menú principal presenta sete zonas que son botóns que permiten acceder a todas as opcións de xogo, aplicacións e documentos.
As actividades teñen suficientes elementos textuais ou gráficos, así como unha estructura axeitada que permite o seu uso como pretexto para a comunicación oral. Ademáis dispón dun botón “profes” que permite acceder tanto a detalles específicos do funcionamento da aplicación como a consideracións metodolóxicas e didácticas.
A práctica totalidade das aplicacións dispón de mecanismos de avaliación da actividade realizada: señais acústicas asociadas a certos errores, número de intentos, acertos, porcentaxe de eficacia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario