PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

CONSIDERACIÓNS SE TES NO AULA ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA


Algúns aspectos que o profesorado debe considerar cando 

ten no aula alumnado con discapacidad motora son:


* Facer uso das adaptacións de acceso ao currículo e do plan de evacuación.

* Antes de comezar debemos asegurarnos de que o alumno/a está colocado de xeito correcto.

* Fixarémonos en que o alumno/a poida moverse dentro do aula.

* Debe estar sentado o máis preto da porta e do docente.

* O seu campo visual debe estar orientado cara ao resto de alumno/as do aula.

* Debemos facilitar a autonomía do escolar nos seus desprazamentos e no uso dos seus materiais, aínda que sempre baixo a supervisión dun adulto.

* Os materiais que imos usar deben estar ao seu alcance.

* A información debe estar á altura dos ollos do alumno/a.

* O persoal (docente ou auxiliar) que atenda ao alumno/a deberá estar informado das limitacións do escolar e favorecer a funcionalidade das extremidades afectadas, etc.

* Si é necesario, facilitarase ao alumno/a o uso dun sistema de comunicación alternativo.

* Programaranse actividades con distintos grados de dificultade, sempre partindo do seu nivel competencial e tendo en conta 
o seu grado de dificultade.

* Respectaremos o seu ritmo de traballo e non nos adiantaremos ás súas respostas.



* O reforzo positivo é moi importante, valoraremos o seu esforzo.

* Evitaremos as posibles actitudes de autocompasión, sobreproteción ou impaciencia.

* Fomentaremos o traballo cooperativo en pequeno grupo.


* Ensinarémoslle como realizar unha determinada tarefa e darémoslle oportunidade para que as xeneralice.

* O uso de axendas e horarios de traballo facilitaralle a organización e autonomía.

* Teremos en conta que debemos axustar a cantidade de tarefas a realizar, xa que adoitan tardar máis tempo que os seus compañeiros/as.

* Si é necesario, darémoslle tempo para descansar.

* Debemos ser flexibles nas expectativas que temos sobre o escolar.

* É importante explicar aos compañeiros/as as repercusiones deste tipo de discapacidade.

* Debemos evitarlle os ruídos e sons bruscos, e a excesiva estimulación visual.

* As axudas iranse reducindo en función das súas necesidades.

* As actividades débense programar graduando a súa dificultade. É moi importante que o alumno/a teña éxito.

* Os procedementos e instrumentos de avaliación serán adaptados tendo en conta a lexislación vixente na nosa comunidade, polo que se deben usar as axudas técnicas precisas ou as adaptacións tanto curriculares como de acceso ao curriculo que sean necesarias.

* O tempo das probas de avaliación será flexible (adaptación de acceso, se é esa a necesidade do alumnado).

* As actividades de avaliación propoñeranse de xeito intercalada entre as actividades de ensino, así poderemos reorientar e axustar a aprendizaxe si fose necesario.

* Construiremos instrumentos de avaliación específicos e variados e adaptarémonos ás súas posibilidades comunicativas cando presentemos as actividades de avaliación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario