PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

INTELIXENCIA LÍMITE. V.

A intelixencia límite é un termo que se emprega cado unha persoa presenta certas dificultades na aprendizaxe e no uso de habilidades tales como a comunicación, o coidado persoal e as destrezas sociais.
Ao non considerar o manual diagnóstico psiquiátrico da Asociación Americana de Psiquiatría a capacidade intelectural límite como un trastorno, distintos investigadores proporcionaron diferentes nomenclaturas a nenos con esta problemática (lentos, de aprendizaxe máis lento...)

SEN RASGOS FÍSICOS DIFERENTES

Según a Guía técnica sobre la inteligencia límite de la asociación EN LÍNEA, estas poderían ser algunhas das características que definen ás persoas con intelixencia límite:
  • Ausencia de rasgos físicos aparentes.
  • Desfase entre a súa idade cronolóxica e a súa idade mental.
  • Falta de iniciativa e dificultade para xerar mecanismos racionais que lles permitan solucionar situacións cotidiás.
  • Dificultades para entablar e manter relacións interpersonais.
  • Proceso de aprendizaxe lento que require máis apoio e tempo que os de seus grupos de referencia.

QUE FACER E COMO ACTUAR?

Estas persoas precisan de apoios intermitentes, probablemente ao longo de toda a súa vida e de diferente intensidade según os contextos e actividades que desempeñen : asearse alimentarse, ir ao médico, ter amigos, sair ao cine, atopar un emprego, colaborar na casa, controlar os cartos, ir no transporte público...
Con formación, entrenamento e apoios poden conseguir ser cidadáns activos e levar unha vida normalizada. Do contrario, a súa situación convírteos en dependientes, persoas sen apenas autonomía nin motivación, sen amigos, sen actividade, con grave risco de padecer unha enfermidade mental, que supón unha carga para a familia.
ESTRATEXIAS EDUCATIVAS

Sexa cal sexa o tipo de centro no que o neno estea escolarizado, o traballo educativo con el debe seguir unhas liñas básicas. Pais e educadores terán que traballar conxuntamente e de maneira coordinada en elas. Estas serían algunhas das estratexias que deben aplicarse na educación das persoas con intelixencia límite:
  • Incidir na aprendizaxe de estratexias dirixidas ás dificultades de organización e planificación do estudo.
  • Estructurar máis as rutinas do ambiente externo (en especial o escolar e o lúdico) a través do uso independente de axendas personais que axuden a organizar as tarefas de traballo.
  • Usar a miúdo instruccións escritas recordatorias.
  • Tratar as dificultades na avaliación e comprensión abstracta.
  • Elaborar xuizos personais críticos da información que se recibe.
  • Secuenciar pasos para a toma de decisións.
  • Centrarse nos aspectos relevantes de calquera situación dada.
  • Definir conceptos abstractos en términos o máis concretos posibles.
  • Ensinar estratexias de aprendizaxe e habilidades para solución de problemas.
  • Practicar habilidades previamente aprendidas en situacións novidosas. 
  • Aprender a secuencia de pasos para resolver problemas específicos.

ENTRENAMOS

Actualmente hai unha gran variedade de programas de entrenamento en habilidades sociais e de comunicación, pero ningún deles adaptado ás necesidades especiais desta poboación.
O terapeuta responsable do programa de intervención deberá asegurarse de que os contidos, obxectivos e técnicas de instrucción sexan os axeitados ás caracterísiticas únicas do neno. Se é necesario terá que diseñar o seu propio programa individualizado.

WEBGRAFÍA

Guías técnicas sobre la capacidad intelectual límite de la asociación ENLÍNEA
ADISLI. Centro de Recursos y Actuaciones Especializadas en Personas con Discapacidad Intelectual Ligera e Inteligencia Límite en el marco del Programa de desarrollo personal
Estudio sobre las personas con Capacidad Intelectual Límite de la Asociación Justicia de Aragón
Canal de Adisli en Youtube http://www.youtube.com/user/asociacionadisli?feature=results_main
Galería de vídeos de FEAPS.
FONTE: Red de Recursos Educativos en Abierto

Ningún comentario:

Publicar un comentario