PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

APPS GRATUITAS PARA DISCAPACIDADE MOTORA E DEPENDIENTES



As aplicacións para persoas con discapacidade e dependentes facilitan a mellora das competencias básicas, a súa localización ou a búsqueda de lugares accesibles. 


Accessibility, para persoas con movilidade reducida


Imagen: FAMMA
aplicación Accessibility está promovida por FAMMA, co apoio da Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España (COCEMFE) e a Fundación Vodafone. "Xurde como unha iniciativa para dar resposta ás necesidades de ubicación de espazos e lugares accesibles para persoas con movilidade reducida", explica FAMMA.
Dispón dun sistema de xeolocalización e realidade aumentada que informa en tempo real da ubicación desexada, así como a distancia desde o punto onde se atopa o usuario. É moi práctica para prazas de aparcamento reservado, caixieros automáticos, gasolineiras ou ambulatorios que conten cos mínimos de accesibilidade esixibles.
Pódese descargar de modo gratuito para móviles con sistema operativo Android e para iPhone.


DiLO, para persoas con diversidade funcional
Imagen: DiLo

DiLO (Dispositivo Locutivo) é un comunicador. Así defineno os seus creadores. "Permite a un usuario con diversidade funcional o uso de frases axustable as súas circunstancias e rutinas particulares", precisan.
As frases están agrupadas por categorías, de maneira que non é necesario escribilas cada vez. O usuario elexirá a frase que queira transmitir e esta emitirase a través dun altavoz ou, se prefire, enviarase por SMS ou por correo electrónico.
DiLo é gratuita e funciona en smartphones e tabletas con sistema operativo Android.  Adaptouse a tres idiomas: castelán e inglés, tanto en texto como en voz, e portugués, só texto.



Control EM, para pacientes con esclerosis múltiple


Imagen: App Store
La Fundación Esclerosis Múltiple Madrid (FEMM) impulsou a creación da app Control EM, disponible primeiro para iPhone e iPad e agora tamén para smartphones e tabletas con sistema operativo Android. O seu desenvolvemento débese ao interés por que os pacientes con esclerose múltiple leven un control adecuado da enfermidade.
Para este fin, a aplicación diseñouse con catro seccións:
  1. Mi diario. Rexistra a medicación a tomar, efectos secundarios, síntomas ou brotes e citas médicas.
  2. Agenda. Destaca os eventos, charlas ou outras actividades que la FEMM organice ou queira dar a coñecer, así como as citas que o paciente queira lembrar.
  3. Noticias. Publícanse informacións relevantes sobre esclerose múltiple supervisadas pola FEMM.
  4. Te interesa. Esta sección permite consultar ofertas de emprego, solicitar taxis adaptados, coñecer máis información sobre tratamentos e toda a información necesaria sobre a FEMM e as asociacións de EME (Esclerose Múltiple España), detalla a FEMM.
Pódese descargar en Google Play ou na App Store de balde.

FONTE: Azucena García para Eroski Consumer

Ningún comentario:

Publicar un comentario