PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

UN TRASTORNO COMPLICADO. DISGRAFÍA.

QUE É?
Un conxunto de dificultades, derivadas de procesos perceptivo-motores na realización dos signos gráficos, ata a dificultade para compoñer textos, pasando por problemas na escrita de frases e dificultades ortográficas.

Clasificación clásica: adquirida e evolutiva.
1.- Desde o punto de vista neurolóxico, o término disgrafía adquirida debe aplicarse cando a dificultade escritora débese a un mal funcionamento do cerebro e o problema xurde despois de adquirir a escrita. Pode ser explicada por un traumatismo craneoencefálico, un accidente cerebro-vascular ou algunha outra causa neurolóxica.
2.- Por outro lado, disgrafía evolutiva denomínase á que se da en nienos cunha intelixencia normal, sen dificultades auditivas, visuais, neurolóxicas ou motoras e que tiveron as oportunidades educativas habituais. De maneira sorpresiva e persistente, as súas dificultades interfieren de maneira significativa no rendemento académico, indo máis alá do esperado para súa idade cronolóxica, pudendo afectar a un ou a varios procesos da escrita.
Así pois, hoxe en día, o enfoque é máis amplo, considerando a disgrafía como o conxunto de dificultades específicas asociadas a distintos procesos escritores que poden ser alterados. En numerosas ocasións estas dificultades aparecen asociadas a outras dificultades específicas (especialmente de lectura), aínda que non sempre é así.

A escrita é unha aprendizaxe moi complexa que o neno realiza nos primeiros anos escolares. As dificultades neste área van estar asociadas con frecuencia coa dislexia, aínda que poden darse de forma totalmente independiente.

VÍDEO
Neste vídeo amósase un claro exemplo das dificultades dunha nena de 10 anos cunha disgrafía con proxección disléxica, o que deriva en problemas de aprendizaxe. Tamén coñeceremos as principais características da disgrafía.





RECURSOS INTERACTIVOS
A continuación presentamos unha aplicación de apoio á lectoescritura denominada: 


Dispón de varias actividades e xogos de orgografía, lectura, escrita e vocabulario. Foi desenvolvida por Francisco lópez Hijano e Francisco Vega Sepúlveda. Junta de Andalucía.

Letras de colores (Mestre a Casa)da Generalitat Valenciana, ofrece xogos didácticos interactivos que traballan todos os aspectos que interveñen no proceso lectoescritor.

Por último, o profesor Juan García Moreno, do CEIP "Blas Infante" de Sevilla é o autor de Lectoescritura adaptada, que, tanto podemos empregalo para educación especial como para os primeiros cursos de educación primaria. Aborda mediante xogos: orde alfabético, asociacións, conciencia fonolóxica....


PROPOSTA DE LECTURA
Entendiendo la disgrafía. El ajuste visomotor en la escritura manual. Pedro Pablo BERRUEZO. Revista Iberoamericana de Psicomotricidad y Técnicas Corporales.
O autor realiza unha análise dos subprocesos que se dan no proceso da escrita, subraiando o papel que xoga o axuste perceptivo-motor producido entre a visión dos nosos ollos e a acción das nosas mans.
FONTE: Procomún: Red de Recursos Educativos en Abierto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario