Os andadores, posicionadores e bipedestadores, teñen un alto precio no mercado, e non sempre se adaptan ben ás necesidades e medidas dos nosos pequenos. Esta sinxela adaptación que presentamos foi ideada por unha nai, Lola Sánchez, para que o seu fillo estivera de pé dunha forma dinámica experimentando o movemento.
Guiada xunto pola fisioterapeuta María Plasencia, crearon este arnés-andador que suxeita ao neno de pé ás pernas do adulto, de tal forma que cando o adulto camina, transmítese este movemento ao neno.
Este "invento low cost" axuda aos nosos nenos a ter novas experiencias somatosensoriais, permítelle mover as pernas, estar de pé, disfrutar da praia, da auga, algúns xogos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario