PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ARTROGRIPOSE CONXÉNITA. DICCIONARIO.

É un síndrome neuromuscular que está presente ao nacer. Caracterízase por múltiples contracturas articulares graves, debilidade muscular, fibrose e desequilibrio muscular. A situación non se deteriora a partir do diagnóstico inicial, pero as secuelas que provoca ao longo son discapacitantes. A causa máis frecuente é a amioplasia na que os texidos normais dos músculos son reemplazados por texido graso e fibrose.
A artrogripose pode comprometer as articulacións dos MMSS e/ou MMII, e a veces, asociarse a compromiso da columna. Non é unha enfermidade progresiva e, xeralmente, non involucra compromiso intelectual. Esta enfermidade non é hereditaria.
O tratamento de FISIOTERAPIA básicamente consiste en:

  • Estiramentos
  • Movilizacións
  • Estimulación do desenvolvemento motor.
O número de articulacións afectadas e a severidade dos defectos posturais varían dun neno a outro. É máis frecuente atopar afectados os segmentos distais dos membros (o máis lexano respecto ao punto de referencia corporal que suele ser o esternón), as articulacións proximais (máis cercanas ao punto de referencia) suelen estar menos afectadas e o tronco non suele ter afectación.

CARACTERÍSTICAS

  • Articulacións ríxidas.
  • Pés equinovaros.
  • Flexión e desviación cubital da moneca.
  • Rotación interna dos ombreiros.
Outras:

  • Escoliose: Desviación da columna que pode ser en forma de "s" ou "c".
  • Hemanxiomas: Acumulación anormal de vasos sanguíneos na pel ou órganos internos. A maioría danse na cara e pescozo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario