PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

PROTOCOLO DE ATENCIÓN DOMICILIARIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de presentar o protocolo de Atención Educativa Domiciliaria coa finalidade de establecer pautas que guíen o proceso da atención educativa daquel alumnado que por circunstancias de saúde deba permanecer no seu domicilio, non podendo asistir con regularidade ao centro docente. 
 De Atención Domiciliaria

Susténtase nas seguintes referencias normativas:


  • Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade.
  • Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con NEE, regula a atención educativa hospitarlaria e domiciliaria, e o procedemento para a mesma.
  • Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o curriculo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da E.S.O. e do bacharelato en Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario