PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

BIPEDESTADOR. COMO SE PON?.

Nas personas con disfuncionalidade motora existe unha gran porcentaxe que non puede adquirir a posición bípeda. Por iso desenvolvéronse moitos dispositivos para  axudar a manter a posición “de pé” dun modo seguro.

       
Este cambio de postura proporciona moitos beneficios entre os que destacamos:
  • Facilita a respiración
  • Axuda á resistencia cardiovascular
  • Mellora a drenaxe urinaria
  • Reduce o risco de úlceras
  • Mellora a dixestión e as funcións intestinais
  • Aumenta a circulación
  • Posibilita descargar peso nos membros inferiores.
  • Favorece o desenvolvemento óseo
  • Pode axudar a correxir a asimetría postural
  • Axuda a obter equilibrio físico.
Nos bipedestadores, polo xeral as extremidades inferiores están suxeitas, con firmeza, con cintas acolchadas.
Pode estar enriba dunha base con rodas, que permitirá que o neno sexa transportado a distancias curtas. Preferentemente son necesarias as órteses para mellorar a alineación do tobillo e do pé.
Dependendo do nivel da limitación motriz podemos manter de pé a unha persoa, con bandas de suxección con terminación en velcro ou con correas axustables que,
xeralmente, van colocadas a nivel dos tobillos, os xeonllos, a cintura, a espalda e nalgúns casos ao nivel dos hombreiros.
A maior parte dos bipedestadores, conta cunha mesa ocupacional axustable, útil para as persoas que teñen bo control dos seus membros superiores, permitíndolles así realizar actividades sobre ela, como comer, escribir, etc. Existen bipedestadores para nenos, para adultos e eléctricos de traslado.
O emprego dun bipedestador debe ser indicado polo médico rehabilitador que trata ao neno, en función das condicións do paciente e dos obxectivos a alcanzar con el. 

O tempo de uso diario tamén varía, preferindo que se vaia usando de forma gradual para que os músculos, os ósos e demáis sistemas corporais vaianse adaptando pouco a pouco. Os medios de suxección revisaranse regularmente para evitar que produzan puntos de presión na pel do paciente. Se observamos dano, debemos suspender o seu uso ata facer os axustes necesarios.
Para obter resultados beneficiosos, débese utilizar de maneira continua, gradual e sen interrupcións.


           






       

Ningún comentario:

Publicar un comentario