PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

RECOMENDACIÓNS PARA O USO DE MESAS ADAPTADAS

Estas recomendacións son xerais. Sempre coordinados cos profesionais de saúde que atendan ao alumno/a (fisioterapeutas, rehabilitadores....)

O noso alumnado permanece sentado entre o 60 e o 80% da xornada escolar (Instituto biomecánico de Valencia). Debemos ter en conta cando atendemos ao alumnado con discapacidade motora, a necesidade de aportarlle un posto escolar adaptado as súas necesidades que permita un bó posicionamento.

O equilibrio e a estabilidade na posición de sentados, permitirá mellorar considerablemente a coordinación óculo-manual; evitando posibles deformidades e futuras contracturas.

FACTORES A CORREXIR
  • Apoio incorrecto dos pés.
  • Posición do tronco.
  • Apoio dos brazos.
  • Monecas dobradas.
  • Cabeza en posición incorrecta.
Hai que ter en conta que, a veces, con pequenas adaptacións ou adaptacións mínimas, artesanais, podemos acadar, unha mellor integración e normalización do alumno/a na aula.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA SEDESTACIÓN CORRECTA.
  • Acadar unha simetría respecto ao exe corporal.
  • Pés apoiados completamente.
  • Pelvis pegada á parte posterior do plano do asiento, con apoio da zona lumbar ao respaldo.
  • Ángulo recto na flexión das distintas articulacións: cadeira, xeonllo, nartelo.
  • Asento ríxido, tapizado ou non, pero, non flexible.
  • Cadeiras aliñadas e estabilizadas.
  • Brazos sobre a mesa.
Fonte: María Cabillas Montado. EOE Cádiz

Ningún comentario:

Publicar un comentario