PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

PARÁLISE CEREBRAL (PC). Diccionario (II)

QUE É?
A Parálise Cerebral é un trastorno global da persoa consistente nun desorde permanente e non inmutable do ton, a postura e o movemento, debido a unha lesión non progresiva no cerebro antes de que o seu desenvolvemento e crecemento sexan completos. Esta lesión pode suceder durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida, podendo deberse a diferentes causas, como unha infección intrauterina, malformacións cerebrais, nacemento prematuro, asistencia incorrecta no parto... A Parálise Cerebral en sí non é progresiva (é dicir, o dano cerebral non empiora). Nembargantes, poden manifestarse trastornos secundarios, tales como espasmos musculares, que poderían mellorar, empiorar ou non cambiar co paso do tempo. A Parálise Cerebral non é contaxiosa. Non é unha enfermidade e non debe referirse a ela como tal. Se ben non é “curable” no senso preciso da palabra, o tratamento e a terapia poden mellorar a función muscular.

As afectacións máis comúns son a perturbación do ton muscular, postura e movemento, así como as interferencias producidas no desenvolvemento neuropsíquico.

Aos problemas do movemento  pódense asociar outros de diversa índole e non menos importantes. Trátase de problemas clínicos, sensoriais, perceptivos e de comunicación. Existe unha enorme variedade de situacións persoais, non xeralizables que dependen do tipo, localización, amplitude e difusión da lesión neurolóxica. Así, nalgunhas persoas a Parálise Cerebral é apenas apreciable, mentras que outras poden estar moi afectadas e necesitar de terceiras persoas para a súa vida diaria. 

Actualmente é a causa máis frecuente de discapacidades motóricas nos nenos, despois de instaurarse a vacina da poliomielite. En España, alrededor do 2,1 por mil da poboación ten Parálise Cerebral. Pode afectar a persoas de calquera raza e condición social.

ETIOLOXÍA

FACTOR 
CAUSA 
- FAMILIAR- PREDISPOSICIÓN XENÉTICA.
- PRENATAL- HIPOXIA
- RUBÉOLA.
- EXPOSICIÓN A RAIOS X.
- DIABETES.
- PERINATAL- DESPRENDIMIENTO PLACENTA.
- PREMATURIDADE.
- ANOXIA.
- TRAUMA.
- POSTNATAL- ENFERMIDADES INFECCIOSAS.
- ACCIDENTES CARDIOVASCULARES.
- MENINXITE.
- ENCEFALITE.
ETIOLOXÍA DA PARÁLISE CEREBRAL INFANTIL


TIPOLOXÍA

CADRO RESUMO
 PARÁLISE  CEREBRAL INFANTIL
CRITERIO 
NIVEIS 
- TIPO- ESPASTICIDADE
- ATETOSE
- ATAXIA
- MIXTO
- TON- ISOTÓNICO
- HIPERTÓNICO
- HIPOTÓNICO
- VARIABLE
- TOPOGRAFÍA- HEMIPARESIA OU HEMIPLEXÍA
- DIPARESIA OU DIPLEXÍA
- CUADRIPARESIA OU CUADRIPLEXÍA
- MONOPARESIA OU MONOPLEXÍA
- TRIPARESIA OU TRIPEXÍA
- GRAO- GRAVE
- MODERADO
- LEVE
Na clasificación atopámonos 4 criterios diferentes, estes criterios son: o tipo, a topografía, o ton e o grao.
No referente ao tipo podemos sinalar que se distingue entre: 
 
  1. Espasticidade: consiste nun aumento esaxerado do ton (hipertonía), caracterizándose por movementos esaxerados e pouco coordinados ou descoordinados.
  2. Atetose: consiste nunha fluctuación de hipertonía a hipotonía. Caracteriza por movementos irregulares e retorcidos difícilmente controlables.
  3. Ataxia: consiste nunha alteración do balance, caracterizándose por un sentido defectuoso da marcha e descoordinación motora tanto fina como grosa.
  4. Mixto: prácticamente todas as persoas con Paralise Cerebral son de tipo mixto, o que significa que manifestan distintas características dos anteriores tipos en combinación.
A clasificación atendendo ao ton, está íntimamente ligada á clasificación anterior:
  1.  Isotónico: ton normal.
  2.  Hipertónico: ton incrementado.
  3.  Hipotónico: ton disminuido.
  4.  Variable.
Según o criterio clasificatorio de topografía, é dicir da parte do corpo afectada, podemos distinguir entre:
  1. Hemiparesia ou hemiplexia: afecta a unha das dúas mitades laterais (dereita ou esquerda) do corpo.
  2. Diparesia ou diplexia: mitade inferior máis afectada que a superior.
  3. Cuadriparesia ou cuadriplecia: os catro membros están paralizados.
  4. Paraparesia ou paraplexia: afectación dos membros inferiores.
  5. Monoparesia ou monoplexia: un único membro, superior ou inferior, afectado.
  6. Triparesia ou triplexia: tres membros afectados.
Atendendo ao grao de afectación podemos distinguir entre:
    • Grave: autonomía case nula.
    • Moderada: autonomía ou ao sumo precisa algunha axuda asistente.
    • Leve: autonomía total.
Fonte:APACE Toledo

Ningún comentario:

Publicar un comentario