PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

DIPLEXÍA ESPÁSTICA. Diccionario.


Afección que produce hipotonía de cabeza e tronco e hipertonía dos membros inferiores. É debida a lesións cerebrais bilaterais da sustancia blanca periventricular.


Diplexía: parálise que afecta ás pernas.
Preséntase antes dos 3 anos de idade. É un tipo de Parálise Cerebral infantil (PCI).
Altera a postura e a marcha porque está reducida a movilidade das pernas, afectando tamén á precisión manual por estar disminuida a motricidade fina das extremidades superiores. Supón o 50% do total de casos de PCI. Debida a unha lesión cerebral característica da prematuridade, aínda que pode ter múltiples causas, que provoca unha alteración do tono muscular.

Alteracións motoras na diplexía
As lesións cerebrais causan debilidade e rixidez dos músculos das pernas o que dificulta o mantemento da postura e do equilibrio.
O neno con diplexia espástica ten unha postura característica.

O tronco inclínase hacia adiante, as pernas crúzanse de modo que tropezan os xeonllos, que ademáis están en flexión e xirados hacia o interior; os pes apoiánse sobre todo na parte anterior provocando unha postura en puntiñas

As extremidades superiores non suelen ter deformidades, ainda que nos casos máis graves aparece unha dificultade para controlar os movementos de precisión manual que poden ser lentos e algo torpes.

O principal problema da diplexia espástica é a dificultade para camiñar. A postura que describimos dificulta moito o equilibrio ao poñerse de pé, polo que fácilmente caen cara atrás. Por iso non suelen iniciar o desplazamento antes dos dous anos. Non suelen camiñar ata os 4 anos.

marcha dipléxica está determinada pola postura que adoptan as extremidades inferiores. Inicialmente a rixidez dos músculos antigravitatorios (os que actúan elevando as pernas do chan) provoca unha marcha a saltiños, tropezando entre sí os xeonllos.
Ao crecer, cambia a rixidez dos músculos e o eixo de equilibrio do corpo. Modifícase o patrón de marcha que deixa de ser a saltos ,parecéndose máis á dunha persoa que camiña agachada. A flexión do corpo vai cara adiante, a dos xeonllos é máis marcada e o pé apóiase con toda a planta.

A marcha dipléxica consume moitísima enerxía e causa fatiga.

Problemas ortopédicos na diplexía espástica
De todos os tipos de PCI, a diplexia espástica é a que máis se beneficia do tratamento. É preciso comenzalo tempranamente para evitar deformidades graves dos ósos e das articulacións.

Sinalaremos algúns problemas ortopédicos causados pola diplexia espástica  se non se trata:
  • mal desenvolvemento da cabeza do fémur (displasia de cadera) que non encaixa ben nos ósos da pelve tendendo a sairse de sitio (luxación) causando así deformidade, dor e dificultade para a marcha
  • limitación no movemento das articulacións afectadas causando unha disminución do rango de movemento (contracturas). Os xeonllos e os tobillos son os máis afectados.
  • mala posición das articulacións e deformidades óseas, “pes planos” (pé valgo), xuanetes (hallux valgo), pes hacia dentro por anteversión femoral…
Todo isto altera a postura, o equilibrio e a marcha, limitando a autonomía persoal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario