Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
COMO SER UN IMPERFECTO FELIZ. UN PIE EN LA OREJA Y OTRO EN LA NARIZ. PC. LECTURAS
CADEIRA DE RODAS TIPO GRÚA, ESPECIAL PARA TRASLADOS, easyGO. APOIOS TÉCNICOS
Cadeira de rodas especial equipada cun sistema de elevación de pacientes práctico e innovador. Ofrece solucións moi respectuosas para o paciente e a súa contorna resolvendo necesidades cotiás como saír da cama, ir ao baño, a hixiene diaria, desprazamento pola casa, acceder ao coche.....etc.
O que máis agradezo desta axuda técnica é que nos ofrece seguridade para os traslados, sinón tratar con dignidade as persoas con mobilidade reducida e a oportunidade de mellorar a calidade de vida de todos, o paciente e a familia.
Permite ao coidador levantar ao paciente con moi poucos movementos e transportalo facilmente segundo as súas necesidades.
É funcional cando se desmonta e pódese transportar facilmente, por exemplo, no maleteiro do coche.
Levantador eléctrico para persoas con discapacidade motora.(vídeo)
FONTE: Eloísa Teijeira Bautista e https://easygolift.com/
LECTURAS DISLEXIA. INFANTIL, PRIMARIA
FONTE: Ediciones Jaguar
Idade recomendada: a partir de 3 anos
A Branca cústalle moito ler: confunde as letras, cambia as sílabas e substitúe unhas palabras por outras. Xunto cos seus pais, acode á consulta de Adriana, unha logopeda que lle marcará unhas pautas que axudan moito a Branca a superar as súas dificultades.
Conto que axuda aos nenos para entender a dislexia, ademais de levar pautas para os pais e educadores.
FONTE: Autora: Lidia Arroyo. Editorial: Salvatella
DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL 2020 "UN FUTURO MELLOR"
6 de octubro día mundial da Parálise Cerebral
A atención ás persoas con parálise cerebral partía dunha situación de precariedade; a chegada da pandemia non fixo máis que acentuala. Non deixemos que a crise sanitaria convértase nunha crise de dereitos. Sigamos construíndo.
O anuncio da campaña do Día Mundial da Parálise Cerebral 2020 "Un futuro Mellor", ten como obxectivo poñer en valor ás persoas con parálise cerebral, e propoñer unha forma diferente de abordar a reconstrución tras a crise que estamos a vivir para que sexa unha nova construcción social, máis xusta, máis inclusiva ae con máis espazos de participación.