O obxectivo principal de Save the Children consiste en evidenciar o problema da violencia contra a infancia con discapacidade como unha secuela para erradicar na nosa sociedade, que provoca graves consecuencias nos nenos e nenas, a través dun material didáctico.
O conto 'Marcela, a inventora de palabras' diríxese a nenos e nenas con ou sen discapacidade e ás súas familias, para concienciar sobre este problema social e contribuír a eliminar os estereotipos habitualmente asociados á infancia con discapacidade. Ademais, o conto está pensado tamén para contribuír a que as nenas e nenos con discapacidade saiban identificar as violencias e poder pedir axuda.
Descargar en PDF Marcela la inventora de palabras
A continuación amosamos o conto de Marcela en lingua de signos.
É un proxecto de Save the Children en colaboración co CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).
FONTE: Save the Children. CERMI