LA JUNGLA DE MOS. OCIO INFANTIL ADAPTADO EN MOS

LA JUNGLA DE MOS


En Mos, moi cerca de Vigo, temos un local adaptado para o ocio infantil e familiar.


O xerente deste negocio ten unha filla con PC e está moi concienciado sobre as carencias que teñen os nosos nenos con plurideficiencias, cando falamos de xogar e recibir sensacións asociadas á diversión e a risa.


As instalacións e xogos están pensadas para nenos e nenas, mozos e mozas, con movilidade reducida coa idea de que podan divertirse como o resto de nenos e nenas.


Na "Jungla de Mos" atoparemos diversos hinchables e outros elementos fabricados en exclusiva para estes nenos.


DirecciónCamino Monte Faquiña, 18 Nave 2, 36416 Vigo, Pontevedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario