COMO ADAPTAR UN XOGUETE PARA UN NENO CON DM

Ideas e recursos para a realización de adaptacións caseiras de xoguetes para nenos con discapacidade motora.
* Fixar as bases dos xoguetes (con velcro, imáns, abrazadeiras…) para evitar movementos non desexados durante o xogo. * Modificar a roupa das bonecas para facilitar a súa manipulación (por exemplo con velcro nas costuras). * Facer máis grandes as pezas, os mangos ou as asas a fin de facilitar a súa manipulación. * Colocar pezas para repousar a cabeza, chalecos ou cintos de suxeción para manter a postura. * Engadir cordas ou variñas a fin de facilitar o arrastre dalgúns xoguetes. * Modificar as dimensións do xoguete (altura, profundidade…) para permitir o acceso ao mesmo de forma frontal. * Incorporar elementos con relevo (tacos, palancas, argolas, etc.) que faciliten o xiro ou a posibilidade de coller as pezas. * Adaptar o xoguete para poder accionalo a través dun pulsador (incorporarlle un jack).

FONTE: Abacus...

Ningún comentario:

Publicar un comentario