MALENA BALLENA. AUTOESTIMA. LECTURAS


A autoestima xoga un papel fundamental no proceso de aprendizaxe dos nenos que se enfrontan a probas, retos, desafíos… A súa “zona de confort” é moi reducida e case todo o que lles pasa empúxalles a saír ”ao descoñecido”. Nos primeiros anos teñen que aprender a: andar, saltar, falar, ir en bicicleta, ler, contar, debuxar e un larguísimo etcétera… sen unha autoestima saudable o proceso de aprendizaxe vital será máis complicado.
Na piscina, as nenas ríanse de Malena. E é que Malena pesaba moito, demasiado. Tanto que a chamaban balea. Pero un día, o monitor de natación ensinoulle un truco e a súa vida comezou a cambiar…
Un personaxe entrañable que vive a realidade de moitos nenos e nenas; un tema delicado tratado con sentido do humor, desde o respecto e o fomento da autoestima.
FONTE: Cuentos para crecer

Ningún comentario:

Publicar un comentario