PROGRAMA DE MECANOGRAFÍA

Un dos mellores e máis utilizados, pensado para persoas con diversidade funcional.
Chámase MEKANTA. É da ONCE.
Non só está pensado para alumnado cego, senón tamén para alumnado con discapacidade motora. GRATUÍTO e de LIBRE ACCESO.

A partir de 5 anos.
Ademais,é unha aplicación motivadora e inclusiva, xa que pode ser utilizada por todos os nenos e nenas.


O programa ofrece un centro de interese común (a selva) que motiva ao usuario para coñecer as diferentes zonas do teclado. A metodoloxía utilizada serve para traballar cunha técnica de aprendizaxe correcta. Por unha banda, a necesaria segmentación e independencia de dedos e, por outro, o control da localización correcta dos dedos nas súas respectivas teclas da fila guía e a barra. O deseño responde a unha metodoloxía específica que respecta o desenvolvemento psicomotriz e as necesidades educativas da discapacidade visual, desde as primeiras idades.








Ningún comentario:

Publicar un comentario